O goberno local de Vigo aproba unhas ordenanzas fiscais para manter "unha boa situación económica coa menor presión fiscal de España"

Contraataque tras la petición de la líder del grupo municipal del PP exigiendo una rebaja de impuestos y tasas municipales en Vigo. 

O alcalde de Vigo deu conta esta mañá da aprobación das ordenanzas fiscais para o exercicio 2016 con cambios dirixidos a manter "a boa situación económica coa menor presión fiscal de España" mantendo a capacidade de gasto social e de inversión, en verbas do rexedor. O prantexamento é de conxelación real e diminución dalgunhas taxas e prezos públicos, o que supón que a presión fiscal diminúe en termos reais, dixo. 

O goberno local de Vigo deu luz verde hoxe venres ás ordenanzas fiscais para o exercicio 2016, cun prantexamento de conxelación real e diminución dalgunhas taxas e prezos públicos, o que supón, dixo o alcalde, que a presión fiscal diminúe en termos reais. En rolda de prensa, Caballero lembrou que nos tres últimos anos baixáronse os impostos de rodaxe, IBI, IAE, auga e lixo nun 5%, con exencións que alcanzaron preto dos 7 millóns.

Tal e como detallou, mantéñense en termos reais e, polo tanto diminúen un 1,1% a taxa por servizo de axuda no fogar (o 22% non paga nada e o 75%, o 15% do custo), e a taxa de escolas infantís, con exencións de familias numerosas con rendas per cápita inferior aos 6.155 euros, ademais de aplicarse coeficientes correctores ás familias monoparentais, parados de longa duración e familias con membros vítimas de violencia de xénero, o que supón que case a metade dos usuarios teñen unha bonificación total. As escolas infantís de Navia, Teis, Casco Vello, Lavadores, Saiáns, Tomás Alonso, Casiano Martínez e Mestres Goldar, engadiu, supoñen un custo de 220.000 por centro.

Tamén se manteñe a conxelación nominal e, polo tanto, a baixada real das tasas por uso de instalacións do Instituto Municipal de Deportes (exentos os alumnos de escolas deportivas, clubs con convenio de colaboración, membros de familias numerosas ou monoparentais); taxa de entrada ao Vigo Zoo, taxa de aproveitamento da vía pública, taxa por instalación de quioscos e e postos de venta, taxis, extinción de incendios, cemiterios, inspección sanitaria, limpeza de pozos negros ou control de calidade, entre outras.

Os prezos públicos tamén se conxelan nominalmente e, polo tanto, baixan as ensinanzas especiais (escolas de danza, música e teatro), o subministro de libros, a organización de espectáculos ou a entrada ao Verbum. Mántense a gratuidade da Escola de Artes e Oficios.

Por outra banda, explicou Caballero, prodúcese unha conxelación real -é dicir unha adecuación do IPC dun 1,1% (tomando como referencia de abril a abril desde o último ano que se actualizou- tal e como se fai tradicionalmente no Concello) as taxas de lixo e auga e aos impostos de IBI, IAE e rodaxe. Respecto deste último, continúase coa política de bonificar os vehículos de discapacitados e aos vehículos menos contaminantes. Ademáis, como novidade, introdúcese unha redución do 10% no caso de motocicletas (34.159 unidades) que, no caso das de menos de 125 cc. e ciclomotores, chega ao mínimo real, o que supón que pasa de 6,70 euros a 1,1 euros.

A adecuación do IPC do IAE afectará únicamente a 3.724 empresas que facturan máis dun millón de euros, que representan o 9,67% do total de empresarios. Tamén están exentos 17.385 autónomos. No tocante ao IBI, explicou que segue a ser o máis baixo de Galicia e que se manterán as bonificacións ás familias numerosas, por importe de cen mil euros, un importe que rondará os 520.000 euros segundo os beneficios fiscais previstos para o próximo ano. A taxa de lixo, máis baixa que no resto de Galicia, recollerá bonificacións por preto de 800.000 euros, e no 2016, están previstos beneficios fiscais para 3.250 familias numerosas, por importe de 300.000 euros.

A ordenanza fiscal xeral recolle a mellora da redacción da Conta fácil 10, un sistema que permite fraccionar o pago de tributos en 10 mensualidades, sen intereses nen garantías; inclúe unha bonificación no ICIO e la licenza de obras para as construccións que se realicen dentro dos Plans de Protección e Reforma Interior de Bouzas, Casco Vello, Santa Clara e Coia. Neste punto e por imperativo legal, modifícase a taxa por utilización privativo do dominio público ás empresas de telecomunicación, unha norma que foi criticada polo Concello.

Para o alcalde de Vigo, todos os cambios realizados están dirixidos a manter "a boa situación económica coa menor presión fiscal de España", mantendo a capacidade de gasto social e de inversión.

Esta boa xestión financeira permite manter e incrementar as políticas de benestar social (bolsas de comedor, albergue, cheque social...). Lembrou que Vigo é a cidade de Galicia con menor presión fiscal por habitante (484 €) fronte aos do noso contorno máis cercano: Pontevedra (523), Santiago (653), Coruña (611), Ourense (633). Madrid, explicitou, ten unha presión fiscal que duplica la existente en Vigo (850 €). Caballero reiterou que o Concello está en débeda 0, ademais de ser o segundo concello de toda España en pago a proveedores.