16/8/15

O Morrazo : el Alondras jugará la final del trofeo Mancomunidade

O ALONDRAS CF PASA Á FINAL DO TROFEO MANCOMUNIDADE
Os de Jacobo Montes venceron nos seus dous encontros
O Alondras CF enfrontábase esta tarde de sábado 15 de agosto, ao Cruceiro e o Rápido Bahía na fase canguesa polo Trofeo Mancomunidade. Os tres conxuntos debían enfrontarse entre sí, en encontros de 45 minutos, para decidir o equipo que pasa a final de mañá.
O primeiro encontro da tarde foi disputado polos dous conxuntos de menor categoría, o Cruceiro de Hío de 2ª Rexional e o Rápido Bahía de 1 ªRexional. Neste primeiro asalto puidemos ver o dominio do Cruceiro que superou a un Bahía que se limitou a colgar balóns longos ó área. Fruto diso foi o gol do Cruceiro que chegou no minuto 15. Sen embargo o Bahía apretou na recta final e Fabi, converteu unha pena máxima cometida sobre el mesmo. Co empate a uns houbo que ir aos lanzamentos de penaltis para decidir ao gañador e despois de 10 lanzamentos por cada equipo, venceu a tanda o Rápido Bahía.
No segundo encontro entrou en escea o Alondras ante o Cruceiro. Aquí puidemos ver a clara superioridade do equipo de Jacobo Montes, que cun total dominio doblegou a un feble Cruceiro que non pasou do medio do campo. O Alondras venceu 4-0 cun triplete de Joni e un gol de Benja dende os once metros.
Alondras e Rápido Bahía disputaron o último encontro da tarde , o cal venceu o Alondras con goles de Rafita e Andrés. Os de Aldán intentaron poñerlle as cousas difíciles ao Alondras, pero os blanquivermellos, outra vez, amosaron a súa superioridade.
Este domingo, 16 de agosto, ás 18 horas o Alondras xogará a final no campo do Domaio, nun triangular cos vencedores das fases de Bueu e de Moaña. - SHEILA LORENZO