31/8/15

Sábado, 5 : la gran cita con la carrera de orientación en Ermelo (Bueu)

Acto este mediodía en Bueu para presentar la prueba
ABERTO O PRAZO ATA ESTE MÉRCORES PARA ANOTARSE NA COPA DE ERMELO DE ORIENTACIÓN, UNHAS XORNADAS DE DIVULGACIÓN

O Club Montañeiros de Pontevedra- A Roelo organiza a Copa Concello de Bueu no marco da IV Liga Aromon Chema-Sport 4ª Carreira de orientación.
O lugar de encontro será Ermelo ás 10 horas do sábado 5 de setembro. Entre as 10.30 e as 12 horas sairán os primeiros corredores, pechándose a meta ás 13 horas e a entrega de premios ás 13.30.
Os participantes deberán visitar en orde todos os controis sinalados no mapa coa axuda dunha única brúxula. O gañador será aquel corredor/a que complete o percorrido especificado sen erros e no menor tempo. 
Desde a Concellería de Deportes, dirixida por Manolo Otero, destacan a combinación perfecta entre o deporte e o medio ambiente, xa que o deporte de orientación permite observar o entorno ao tempo que se fai exercicio físico. Polo tanto, algo no que tamén coincide a organización, animan a todos os cidadáns a coñecer esta disciplina e a anotarse nesta proba que vai destinada a darse a coñecer, e achegando o deporte da orientación entre os máis novos. Ademais, Félix Juncal, alcalde de Bueu, destacou na rolda de prensa de hoxe a idea de que "Bueu segue crecendo en valores culturais", e que as novas xeracións están collendo o temón.
Soamente poderán optar a Copa do Concello de Bueu aqueles corredores que realicen o seu percorrido sen axuda externa.

As inscricións poderán realizarse ata o mércores 2 de setembro cubrindo o formulario na seguinte dirección: https://docs.google.com/forms/d/1nOBgtQ5swdYlVJCzsRgLjLRCBRE01PZmgjmes3OCADQ/viewform?c=0&w=1 ou ben nas Oficinas do club Montañeiros ou en Chema Sport.