Todos los detalles sobre la "Festa do Polbo" que se celebra este fin de semana en Bueu

A XVI FESTA
DO POLBO DE BUEU
XA ESTÁ LISTA TRAS PRESENTACIÓN DAS ESPECIALIDADES E A ESCOLLA DE NOLITO COMO PREGOEIRO

A menos dunha semana para a celebración da XVI Festa do Polbo de Bueu, o Concello vén de dar a coñecer as especialidades que acompañarán o tradicional “polbo á feira”.
A pasada semana ultimáronse os detalles da festa gastronómica máis importante da vila. Tras a confirmación do pregoeiro a cargo do xogador celtista Nolito quen resalta a súa “satisfacción por ser pregonero de un pueblo que no es el mío y al que estoy muy apegado”, o venres presentáronse as especialidades que poderán catar os visitantes entre o 14 e o 16 no entorno das Lagoas.

En total haberá cinco stands, un do Concello e da Confraría de Pescadores de San Martiño de Bueu e os outros catro cos hostaleiros participantes, que hoxe presentaron as especialidades na Praza de Abastos.
O establecemento de Rosa de los Vientos servirá paté ao polbo, polbo con fabas, polbo con arroz, empanada de millo e trigo a 5 euros, e a 7,50 euros o polbo á galega, o polbo frito e o polbo á prancha.
O terceiro stand será o Café Bar Nuncia que terá empanada de polbo, garavanzos con polbo, croquetas de polbo con xamón e ovos recheos de polbo a cinco euros, e a 7,50 as láminas de pataca  e polbo con queixo fundido.
Hermanos Portela ofertará croquetas de polbo, empanada de polbo, quesadilla de polbo e queixo afumado e burrito picante de polbo a cinco euros e a 7,50 o polbo á Mugardesa, a brocheta de polbo e langostinos e polbo á vinagreta.
Por último, o restaurante Casa Quintela lucirase coas mini hamburguesas de polbo con canónigos de tetilla, empanada de millo de polbo, buñuelos de polbo, tosta de polbo “á galega” con queixo de San Simón, tortilla de polbo e piquillos recheos de polbo cun custe de 5 euros, e a 7,50 o polbo á prancha con grelos e cachelos, o polbo con pataca e ali oli e sal de xamón, fabes con polbo e cinco pintxos variados de polbo.

Os visitantes poderán degustar estas delicias de 19 a 00 horas o venres 14, o sábado de 12.30 a 16 e de 19 a 00 horas, e o domingo de 12 a 16 e de 19 a 00 horas. Ademais, o sábado ás 11.30 actuará o grupo buenense Retrouso, e ás 12 será a inauguración oficial co pregón a cargo de Nolito.

Complementaria á festa, o venres 14 de agosto ás 11.30 horas terá lugar un obradoiro sobre a captura, venda e preparación do polbo, a cargo de pescadeRías. O Concello oferta 30 prazas de inscrición gratuíta na Oficina de Turismo. O obradoiro axudaranos a identificar e diferenciar o polbo da pesca artesanal, ao tempo que se fai un percorrido polos postos de venda da praza e degustación das mellores preparacións da man dun experto cociñeiros, que dará os mellores consellos para cociñar o polbo no seu punto.
Con esta edición, o Concello de Bueu agarda que se superen as cifras do ano pasado, no que tan só de “polbo á feira” se serviron 7.000 racións.

O VENRES TERÁ LUGAR UN OBRADOIRO
SOBRE A CAPTURA, VENDA E PREPARACIÓN
DO POLBO NA PRAZA DE ABASTOS

Complementaria á XVI Festa do Polbo, o venres 14 de agosto ás 11.30 horas terá lugar un obradoiro sobre a captura, venda e preparación do polbo, a cargo de pescadeRías. O Concello oferta 30 prazas de inscrición gratuíta na Oficina de Turismo. O obradoiro “O polbo: viaxe gastro-sensorial: do mar ao prato”  axudaranos a identificar e diferenciar o polbo da pesca artesanal, ao tempo que se fai un percorrido polos postos de venda da praza e degustación das mellores preparacións da man dun experto cociñeiro, que dará os mellores consellos para cociñar o polbo no seu punto.