Tribuna libre : os mártires do Anguieiro (Cangas)

Un apunte de Serafín Valladares Guimeráns
En Agosto de 1936 once persoas foron asasinadas sen piedade. Sen xuízo nin ningunha acusación foron violentamente arrancadas de súas casas e en pouco tempo baleadas nunha cuneta de Anguieiro. Algúns corpos alí apareceron, outros non se supón onde poden estar.
Non se trata agora de encontrar e castigar quen apertou o gatilho ou quen deu orde, mais si de recuperar a honra de todos os que como estas once persoas, nunca a deberían perder. Os once que agora recordamos e honramos, non cometeron outro "pecado" que o de traballar arduamente para se manteren e sustentaren as súas familias. Non. Non eran eles os "pecadores". Os "pecadores" foron aqueles que a calquera prezo pretenderon manter os seus inxustos privilexios.
A aquela clase social que levou España a unha situación tan insustentável e que creou a tal escola de seguidores ideolóxicos o que os incomoda é que teñamos memoria, e quero dicirlles ben alto: NON É BO ESQUECER. A Historia aprendese mais non se esquece nin se falseia. Xa se falseou durante demasiados anos. O que queremos é: A VERDADE. Non queremos vinganza nin desquite, só a verdade.
A verdade e a recuperación da honra de quen a merece, como estes once MÁRTIRES DO ANGUIEIRO.
-DANIEL GONZALEZ GRAÑA. Tiña 24 anos. Era veciño de Cangas. Mariñeiro de profesión. Membro da Confederación Nacional do Traballo.
-ANTONIO BLANCO RODAL. Tiña 26 anos. Veciño da Rúa Singulis de Cangas. Mariñeiro de profesión.
-GUILLERMO FERNANDEZ FERNANDEZ. Tiña 27 anos. Veciño de Seixo(Darbo). Albanel de profesión. Membro do Partido Socialista.
-ALEJANDRO MARTINEZ PAZÓ. Tiña 19 anos. Veciño de Darbo. Cantoneiro de profesión. Membro do Partido Socialista.
-JOSE MARTINEZ PAZÓ. Tiña 26 anos. Veciño de Darbo. Membro do Partido Socialista.
-ANTONIO FERREIRO NÚÑEZ. Tiña 32 anos. Veciño de Darbo. Cantoneiro de profesión.
-NORMANDINO NUÑEZ MARTINEZ.Tiña 46 anos. Veciño da Rúa do -NORMANDINO NUÑEZ MARTINEZ.Tiña 46 anos. Veciño da Rúa do Sol (Cangas). Mariñeiro de profesión. Membro da Confederación Nacional do Traballo.
-SECUNDINO RUIBAL VILLAR. Tiña 38 anos. Veciño de Darbo. Cantoneiro.
-ESTANISLAO FERREIRO NÚÑEZ. Tiña 24 anos. Veciño de Darbo. Cantoneiro.
-EUGENIO BASTOS FERNÁNDEZ. Tiña 18 anos. Veciño da Rúa do Castro ( Cangas). Mecánico nos estaleiros Barreras. Membro das Xuventudes Unificadas.
-JOSE NORES RODRÍGUEZ. Tiña 16 anos. Veciño da Rúa Liberdade ( Cangas). Albanel de profesión
Que cada un dos once saiba que non os esquecemos, que a súa morte non foi en balde, que ela nos obrigará a actuar para que nunca se poidan repetir tan atroces infâmias.