3 BUSES DIRECTOS DESDE CANGAS Y MOAÑA AL NUEVO HOSPITAL DE VIGO

Transportes A Unión presentou unha proposta de tres servizos de ida e volta diarios 

OS RESIDENTES EN CANGAS E MOAÑA TAMÉN DISPORÁN CONEXIÓN DIRECTA CO NOVO HOSPITAL DE VIGO, QUE SUMA 22 CONCELLOS CON SERVIZOS DE AUTOBÚS SEN NECESIDADE DE TRANSBORDOS

  A Xunta súmase á reclamación do concello de Cangas de que Vitrasa conte con servizos cara ao hospital dende o porto, o que suporía unha mellora da conectividade dos residentes na península do Morrazo

O número de concellos da área de Vigo conectados co novo hospital Álvaro Cunqueiro segue a medrar, e aos 20 que xa teñen aprobados os servizos directos este mes de setembro, uniranse Cangas e Moaña nas próximas semanas. 

A empresa Transportes A Unión, que ten os tráficos de Cangas e Moaña a Vigo presentou unha proposta de tres servizos de ida e volta diarios. Dentro do procedemento de autorización, deuse trámite de audiencia aos concellos afectados e sométese agora a información pública esta proposta, que está a ser analizada polo servizo provincial e que de ser autorizada permitiría aos residentes no Morrazo acceder sen transbordo ao novo hospital, do que dependen para algunhas especialidades como xinecoloxía ou pediatría.

O Diario Oficial de Galicia de Galicia publicou onte o anuncio do comezo deste proceso de información pública: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150922/AnuncioCA02-160915-0016_gl.html

Dende Xullo os concellos da Garda, O Rosal, Tomiño, Tui, Gondomar, O Porriño, Mos, Ponteareas, As Neves, Crecente, Salvaterra do Miño, Salceda de Caselas e Arbo teñen servizos directos ao novo hospital.

Así mesmo está previsto finalizar este mes a tramitación das modificacións dos contratos de Autos González e Empresa Raúl que darán cobertura a sete concellos máis e ampliarán vos servizos nalgúns municipios nos que xa operan. Concretamente, Autos González dará servizo a Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes. A empresa Raúl levará as súas liñas ao Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario e A Cañiza. Así mesmo, reforzaranse servizos en Ponteareas  As Neves, O Porriño, Mos a Salvaterra do Miño e Salceda de Caselas. Con este reforzo o concello de Mos contará con liñas dende parroquias como Petelos, Vaqueiro, Porteliña ou Tameiga e os concellos de Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas terán servizos dende ou núcleo e non só dende as parroquias, que xa tingan servizos autorizados.

Deste xeito 20 concellos ademais de Vigo terán transporte directo ao novo hospital neste mes de setembro e a proposta de transporte dende o Morrazo engadiría dous concellos mais con transporte directo ao novo hospital. 


Por outra banda, e co obxectivo de mellorar a mobilidade dos cidadáns nesta área, a Xunta súmase á reclamación do concello de Cangas de que Vitrasa conte con servizos cara ao hospital dende o porto, o que suporía unha mellora da conectividade dos residentes na península do Morrazo.