A Deputación destina preto de 120.000 euros a agrupacións musicais

"Comarca do Morrazo. Son subvencionadas 15 asociacións por un importe total de 11.904 euros. En Bueu, a Asociación Banda de Música Artística de Bueu; en Cangas, a Asociación Amigos da Canción, a Asociación Cultural Bellas Artes, a Asociación Cultural Folclórica Tromentelo, a Asociación Cultural Lembranzas da Ría de Cangas, a Asociación Cultural O Arco de Vilanova, a Asociación de Xubilados e Pensionistas Santiago-Cangas, a Asociación O Son do Pobo, a Asociación Xuvenil Cultural Staccato, a Asociación de Pais de Minusválidos Psíquicos do Morrazo Cangas e o Grupo de Danzas Pais de San Roque-Cangas; en Marín, a Asociación Cultural Airiños San Xulián-Marín, a Asociación Cultural Loaira e a Asociación Folclórica Pousos da Area; e en Moaña, a Agrupación Coral San Pedro de Domaio".

A Deputación provincial neste momento está notificándolles ás asociacións e agrupacións culturais as axudas concedidas no programa de instrumentos musicais e vestiario. A través deste programa, destinado a financiar a grupos e asociacións musicais da provincia de Pontevedra para adquisición, recuperación e arranxo de instrumental ou vestiario propio, concedéuselles un total de 119.997 euros a 143 asociacións.

A concesión das subvencións realizouse "en réxime de concorrencia competitiva". Para a súa adxudicación tivéronse en conta criterios coma a difusión da actividade que realiza a entidade solicitante, o número de persoas que participan, o número de socios e socias da asociación, o orzamento total da actividade ou investimento e a porcentaxe solicitada de financiamento, así como a adecuación das actividades ou investimentos ó interese provincial.