17/9/15

BUEU : de nuevo en escena la titularidad de las viviendas de Ons

FÉLIX JUNCAL REÚNESE A VINDEIRA SEMANA COS VECIÑOS DAS ONS PARA TRATAR AS MODIFICACIÓNS DO RÉXIME DE CONCESIÓNS
O alcalde de Bueu reunirase o vindeiro mércores 23 de setembro ás 12.30 cos veciños das illas Ons para trasladarlles as modificacións do réxime xurídico das concesións. Na reunión, que será no salón de plenos da Casa Consistorial, informarase sobre as actuacións levadas a cabo polo Concello de Bueu en defensa dos intereses dos concesionarios da illa de Ons, entre os que está o informe do Valedor do Pobo, que deu a razón ao Concello e deixou claro que é a Xunta a que debe facer todo o posible para prestar os servizos básicos de auga e enerxía que algunhas vivendas aínda non teñen. 
Na reunión trataranse as modificacións no réxime de concesión, asunto que será explicado polo alcalde, Calixto Escariz, asesor xurídico do Concello, e Manuela Millán, responsable da Oficina Municipal de Información ao consumidor. 
Os participantes na reunión, prestarán atención tamén en informar sobre a taxa pola utilización privativa dos bens existentes,  sobre o Imposto de Bens Inmobles nas propiedades, e a situacións dos servizos mínimos de auga e enerxía nas illas Ons. 

Desde o Concello faise extensible esta convocatoria a todos os veciños e veciñas da illa, debido a que se tratarán asuntos de urxencia e interese para eles.