BUEU, en primera línea con "pescadeRías"

A PRAZA DE BUEU ÚNESE Á CAMPAÑA DE PESCADERÍAS CON SORTEOS PARA OS QUE MERQUEN PRODUTOS DESTA MARCA DE CALIDADE
A Praza de Abastos de Bueu participa nunha campaña promocional de PescadeRías entre o 22 de setembro e o 1 de outubro. Así, pola compra de peixes e mariscos certificados Pescaderías, entrarase no sorteo de lotes de peixe fresco certificado e dun kit de cociña, que inclúe un mandil, bolsa de compra e un caderno para receitas. O sorteo será o 2 de outubro.
Esta campaña desenvólvese ao mesmo tempo nas prazas de Portonovo, Sanxenxo, Santiago de Compostela e A Estrada. E desde o 23 de setembro ao 2 de outubro, a campaña estará en Cambados, Cee e Carballo. 
PescadeRías é unha marca de calidade, iniciativa da Consellería do Medio Rural e do Mar en 2008, cuxo obxectivo principal é a diferenciación dun produto de alta calidade como o peixe e marisco de Galiza capturado de maneira artesanal e sostible. Os produtos desta marca están equipados dunha etiquetas que nos indica a orixe, a zona de captura, a data de desembarco, e a de consumición.

En agosto, PescadeRías organizou un obradoiro sobre a captura do polbo e os modos de preparación con motivo da Festa do Polbo en Bueu, que tivo moito éxito entre os participantes.