CANGAS : DERRADEIROS DÍAS DA EXPOSICIÓN “PIRATAS”

A CASA DA XUVENTUDE ACOLLE OS DERRADEIROS DÍAS DA EXPOSICIÓN “PIRATAS”

A exposición “Piratas”, enmarcada dentro da xornada de autoedición “Salsa Letal” das pasadas Festas do Cristo, en Cangas, chega ao seu fin. As persoas interesadas en visitar esta exposición teñen ata o venres para achegarse ao primeiro andar da Casa da Xuventude e contemplar un pouco máis sobre os Piratas ao longo da historia do cómic.

O Concello de Cangas agradece ao Concello de A Coruña e ao “Kiosko Alfonso” a colaboración entre ambas entidades que fixo posible o préstamo de material para realizar esta exposición.

“Salsa Letal”  foi a xornada de autoedición e banda deseñada alternativa ao Salón do cómic que este ano, por falta de presuposto, tivo que ser cancelado e quedou integrado, parcialmente, na programación das Festas do Cristo. Esta xornada creouse coa intención de non esquecer a importancia que ten o cómic en Cangas e recolleu diversos proxectos creativos, co fin de que fora un espazo onde amosar, promover e incluso vender as súas obras.