19/9/15

Carmela Silva ensalza la labor de los ediles de los pequeños concellos aprovechando una visita a Ponte Caldelas

Carmela Silva
Na súa primeira visita institucional ó Concello de Ponte Caldelas Carmela Silva quixo poñer en valor o traballo e o servizo de alcaldesas, alcaldes, concelleiras e concelleiros, sobre todo nos municipios pequenos. "É encomiable o servizo público que fan e como se comprometen cos seus veciños. Hai que facerlles un recoñecemento", dixo Silva.
A presidenta provincial reuniuse co alcalde, Andrés Díaz Sobral, a quen informou do novo modelo de relación da Deputación cos concellos, "unha relación de igual a igual", e da política de financiamento que, a partir de agora, se canalizará a través do Fondo Local. "Desta forma, insistiu Carmela Silva, os concellos serán os nosos interlocutores, eles serán os que prioricen os proxectos para os seus municipios e a Deputación estará ó seu lado con absoluta transparencia e cunha repartición equitativa e igualitaria. Acabouse a arbitrariedade".
A presidenta da Deputación tamén lle trasladou ó alcalde os detalles do Plan de emprego que o día 25 aprobará o Pleno provincial, cunha substancial mellora das condicións laborais e que beneficiará os concellos da provincia con 1.550 postos de traballo ata final de ano, dos que 24 lle corresponden a Ponte Caldelas.
Respecto dos proxectos que ten en marcha o novo Goberno local de Andrés Díaz a Deputación estudará a colaboración co Concello na mellora e o acondicionamento do campo de fútbol Chan da Barcia e nas iniciativas de apoio ás pemes e ó comercio local.