Deputación anuncia su reparto de 240.000 euros para arreglos de infraestructuras culturales

A DEPUTACIÓN DESTINA PRETO DE 240.000 EUROS A  ARRANXOS EN INFRAESTRUTURAS CULTURAIS

Son 58 os locais e monumentos que contarán con axuda para obras de restauración ou rehabilitación

A Deputación provincial está procedendo a notificarlle ás entidades titulares de inmobles culturais as concesións en axudas correspondentes ao programa de infraestruturas. Nesta convocatoria, que está dirixida ao financiamento para a construción ou rehabilitación de centros culturais ou restauración de monumentos, o importe total concedido ascende a 239.980,76 euros para 58 entidades beneficiarias de toda a provincia de Pontevedra. 

Ao igual que nos demais programas de apoio á cultura, a concesión das subvencións realizouse en réxime de concorrencia competitiva. Os criterios de adxudicación que se seguiron foron a difusión da actividade que realiza a entidade solicitante, o número de persoas que participan, o número de socios e socias da asociación, o orzamento total da actividade ou investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, e a adecuación das actividades ou investimentos ao interese provincial. 

Comarca do Condado-Paradanta. Ao abeiro deste programa reciben subvención 12 entidades da comarca por un importe total de 52.789 euros. En Arbo subvenciónanse obras de restauración na capela de Santa Marta, na parroquia de San Cristovo de Mourentán;  obras de colocación dun enreixado no muro do adro e unha rampla no acceso á parroquia de San Xoán de Albeos-Crecente; e obras de restauración no retablo do Carme, na parroquia de San Miguel de Cequeliños. Na Cañiza realizaranse obras de reforna no local da Asociación Cultural Cristo da Agonía. En Crecente realizaranse obras de iluminación na igrexa da parroquia de San Caetano de Quintela. En Ponteareas fináncianse obras de conservación e baños no local da Asociación Cultural Irmáns Barcia; a instalación da calefacción na Casa Cultural Artística e Deportiva de Areas Puenteareas; a reforma da instalación eléctrica no Centro Artístico Sportivo; a instalación dunha estufa de pellets na cantina da Asociación Cultural San Mateo; obras de construción de valados de madeira en taludes e desniveis solicitadas pola Asociación Artístico-Cultural de Guláns-Ponteareas; e obras de substitución de alumeado solicitadas pola Asociación Cultural San Nicolás de Prado. No Covelo, subvenciónanse obras de restauración da imaxe da virxe da Inmaculada  na igrexa da parroquia de San Miguel de Fofe.
Comarca do Morrazo. A Asociación Cultural Irmandade do Cristo Resucitado, de Cangas, recibe unha axuda de 2.396 euros  para a adquisición dunha talla de Xesús resucitado. 
Comarca do Salnés. Reciben subvención 7 entidades cun importe total de 37.155 euros. En Meaño subvenciónanse obras de substitución do solado e nas escaleiras na igrexa da parroquia de Santa María de Simes. En Sanxenxo, obras de reparación de cuberta e acondicionamento do local social da Carballeira, solicitadas pola Asociación Cultural Comisión de Festas Virxe do Carme. En Meis, obras de reforma da cuberta na igrexa da parroquia de Santa María de Paradela, e obras de rehabilitación no local social da Asociación Cultural A Vertula. En Vilagarcía de Arousa, obras de acondicionamento do chan do patio de entrada posterior, das paredes e escaleiras do Círculo Artístico Deportivo Gato Negro. E en Vilanova de Arousa, obras de restauración da imaxe da virxe do Carme na igrexa de San Cipriano, e obras do peche do primeiro andar do local da Asociación Cultural O Castro. 
Comarca de Caldas. Reciben subvención 4 entidades cun importe total de 16.142 euros. En Caldas de Reis subvenciónanse obras de restauración da virxe da Fátima na parroquia de Santo Estevo de Saiar. En Cuntis, obras de restauración do retablo das ánimas na parroquia de Santa María de Troáns; e en Valga, obras de conservación dos capiteis e columnas visigóticas na parroquia de Setecoros; e obras de arranxos exteriores da igrexa e na casa fábrica da parroquia de Santa Cristina de Campaña.
Comarca do Baixo Miño. En Tomiño, subvenciónanse obras de restauración do Cristo do Descendemento na parroquia de San Cristovo de Goian, cun importe de 1.515,75 euros.
Comarca de Deza-Tabeirós-Terra de Montes. Reciben subvención 6 entidades por un importe total de 14.873 euros. Na Estrada subvenciónanse obras de mellora e acondicionamento no local social da Asociación Cultural Tamparrantán de San Andrés de Vea; obras de rehabilitación no tellado do local social da Asociación de Mulleres Rurais de Lagartóns; e obras de rehabilitación nos locais sociais da Asociación Mulleres Rurais Santa María de Rubí e da Asociación Mulleres Rurais Os Muíños Curantes, respectivamente. En Vila de Cruces, subvenciónanse obras de eliminación de humidades na igrexa de Bascuas; e obras de rehabilitación do local social da Asociación Mulleres Rurais Santa Cruz de Piloño.
Comarca de Pontevedra. Reciben subvención 5 entidades cun total de 19.299 euros. En Cotobade subvenciónanse obras de rehabilitación na escola da Banda de Música Unión Musical de Tenorio. Na Lama, obras de acondicionamento na Casa do Pobo de Barcia solicitadas pola Asociación Mulleres Rurais A Pícara. En Ponte Caldelas, obras de instalación de sistema de calefacción con estufa de pellets no local da Asociación Cultural Laxe das Cruces de Tourón; obras de rehabilitación no local de Cáritas Diocesana; e obras de substitución da cuberta na igrexa da parroquia de Santa María de Barbudo. 
Comarca de Vigo. Reciben subvención 22 entidades cun importe total de 95.790 euros. En Gondomar, subvenciónanse obras de reforma da fachada principal no Centro Cultural e Deportivo La Merced de Chain-Gondomar; e obras de pintura en paredes interiores no local da Asociación Cultural San Roque de Morgadanes Gondomar. En Mos, obras de construción de muro móbil no Centro Cultural e Social de Herville; e obras de cambio de cuberta no Círculo Cultural Abrente. No Porriño, obras de ampliación no local social da Asociación A Carballeira de Santo Payo. En Redondela, obras de reposición de tellado e baixantes no Centro Cultural Social Recreativo Deportivo e de Asistencia á Terceira Idade; obras de colocación de luz led no Centro Social Cultural Recreativo de Cedeira; e obras de reforma do primeiro andar no Círculo Cultural Recreativo de Cesantes. En Salceda de Caselas, obras de mellora das instalacións na escola de música de Amigos da Música-Salceda de Caselas; e obras de construción de baños para persoas con discapacidade no Centro Cultural e Social de Soutelo. En Vigo, obras de pintado no local social da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais; obras de substitución de iluminación e colocación de timbre adaptado no local social da Asociación de Persoas Xordas de Vigo; obras de reforma do salón de actos no local social da Asociación de Veciños de Cabral; obras de reforma do alumeado no local da Asociación de Veciños de Beade; obras de reparación das humidades das fiestras da fachada norte no local da Asociación de Veciños de Monte da Mina de Castrelos; obras de construción de dous baños no da Asociación Veciñal Cultural Recreativa San Mamed de Zamanes; reforma do salón de actos no da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva de San Xurxo de Saiáns; obras de reparación no da AVCD de Consumidores e Usuarios de Lavadores; obras de arraxo do chan da sala e das portas do Centro Recreativo e Cultural de Cabral; obras de mellora no sistema de iluminación do auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares; obras de reforma da cuberta do edificio da cidade deportiva do Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo; e obras de reforma da instalación eléctrica na Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá.