El paseo de Portomaior y Agrelo no es papel mojado y Bueu confía que no se demore

O EXECUTIVO BUENENSE AGARDA QUE O VINDEIRO ANO SE COMECEN AS OBRAS DO PASEO DE PORTOMAIOR E AGRELO
O goberno buenense agarda comezar as obras de construción do paseo de Portomaior e Agrelo de cara ao vindeiro ano. Así o acordaron hoxe na reunión que mantiveron Félix Juncal, alcalde de Bueu, e Cristina Paz-Curbera y Llovet, Xefa do Servizo Provincial de Costas en Pontevedra. Así, a petición do executivo buenense, as obras faranse por fases, para ver que necesidades hai e dilucidar se nun momento dado son necesarias ou non as expropiacións, tal e como consta no proxecto do 2010 elaborado polo Ministerio de Medio Ambiente. Nesta primeira fase actuarase sobre os terreos de pertenza estatal e municipal, polo que se agarda que técnicos de Costas valoren as intervencións sobre a actual calzada e paseo marítimo para mellorar o espazo existente. 
Juncal informou do posicionamento favorable por parte de Costas e salienta que con esta obra se vai potenciar que a “veciñanza goce dunha zona de lecer pero tamén deportiva, nas mellores condicións e coas máximas garantías”.

Actualmente esta zona non ten case iluminación, polo que se solucionarán tamén esas deficiencias e aproveitarase o “gran potencial ambiental” da zona de Agrelo e Portomaior.  Ademais do paseo, no proxecto tamén esta contemplada a construción dunha área de esparcemento, con aparcadoiro e parque público entre Agrelo e Portomaior, á altura das dunas.