16/9/15



Esta mañá, os portavoces do equipo de goberno do Concello de Cangas (Mariano Abalo, no uso da palabra, na foto) recibiron a visita do representante de Xestión de Clientes de Acciona Madrid para falar do tema dos recibos postos ao cobro e a débeda do concello.

Ambas partes esixiron explicacións. Por unha banda, dende o concello explicóuselles o por que do paralizamento do cobro dos recibos, xa que se descoñecía o padrón e se detectaron irregularidades co cobro. Os representantes cangueses solicitaron así mesmo explicacións de por que a empresa enviou un escrito masivo de reclamacións pendentes dos últimos catro anos.
A empresa entende que ten dereito a cobrar, polo que o concello espera un escrito con motivo desta reclamación e negociación para arranxar os padróns. Estudiarase cos técnicos e co equipo de goberno e se establecera outra entrevista coa empresa para buscar solucións.