FuckUp Nights : ACADANDO O ÉXITO PROFESIONAL TRAS SUPERAR O FRACASO


Este venres ás 20.30 horas a Casa da Luz, en Pontevedra, acollerá as FuckUp Nights, unha noite adicada a aprender de cómo o fracaso forma parte do éxito empresarial

As Fuck-up nights naceron co obxectivo de compartir or erros, as malas decisións, os fracasos en definitiva, que moitas veces suceden no ámbito empresarial. A primeira experiencia produciuse en México a raíz da pequena conversa entre un grupo de amigos emprendedores que atoparon no feito de comaprtir o fracaso un pulo de autoestima e de afrontar mellor novas experiencias.
Esta é precisamente a filosofía das FUN, calquera experiencia empresarial, máis o emprendemento, atopa no camiño trabas e erros que supoñen malas experiencias, pero dos que se aprende e que poden suponer un xiro de estratexia relevante para acadar novas metas. Un novo enfoque ante os fracasos é o que ensinan as FUN, nas que se poden compartir minutos con outros emprendedores que superaron trabas e incluso son a día de hoxe recoñecidos empresarios. 

A primeira FuckUp Night Pontevedra tivo lugar dentro do Festival de emprego e innovación que organizaron os participantes de Colabora 2015, un plan de emprego posto en marcha polo coworking Espacio Arroelo. As ponencias participantes foron: “Medir el alcance es un elemento fundamental al empezar un proyecto” Iria Viñas y Paula Salgueiro de Elefantes de Cacharrería , Diseño y planificación de eventos; “De los fracasos se aprende y mucho” Alberto de Luis, Enterrador, gestor casa rural, comercial Micaton; “La importancia de tener un equipo con un objetivo alienado común y compartido” Óscar Torres, Diseño y ejecución de proyectos comunicación 360º
Nesta nova edición, apoiada pola Concellería de Promoción económica e Turismo de Pontevedra, realizaranse diversas actividades para implicación dos asistentes e favorecer a conversa aberta cos tres ponentes e ensinaranse técnicas para cambiar o punto de vista no fracaso.

Nesta edición os ponentes serán tres empresarios do Lérez: Salvador Vázquez, David Cimadevila e Mercedes García-Nieto.
Salvador Vázquez forma parte de Rei Zentolo. Este proxecto nace en 2003, cando tres mozos galegos recentemente licenciados crean unha primeira liña de camisetas con deseños que mesturan cultura popular de Galicia coa estética do pop art anglosaxón e a cultura popular global. A idea: facer arte cun estilo sempre divertido e cargado de ironía, a retranca.
David Cimadevila, comercial, especialista en corte e grabado das famosísimas xoias que temos visto en '24K', programa que deu a coñecer ao mundo o oficio dos irmáns Cimadevila, no seu taller de Pontevedra.
Mercedes García-Nieto é Directora de Comunicación e Copropietaria de Lagasca Vintage e de M International Audiovisual. Licenciada en Comunicación audiovisual e Máster en Edición, xestión e organización de Revistas. Mercedes ten una ampla e variada experiencia laboral. Prensa escrita, revistas de viaxe, periódicos on-line, radio e televisión, record manager e gabinetes de comunicación son traballos que lle dan una gran experiencia para coñecer que é o que os Mass Media reclamanA actividade estará presentada por Raquel Pedrouso, coach executiva e gamificadora de procesos de aprendizaxe. Da súa man orientaranse actividades dirixidas aos asistentes.
A actividade estará presentada e guiada por Raquel Pedrouso, Coach executiva e gamificadora de procesos de aprendizaxe, que realizará tamén unha serie de actividades para que os asistentes sexan tamén partícipes do encontro
A actividade está aberta ao público e non necesariamente dirixido a emprendedores, polo que os interesados poden inscribirse no seguinte enderezo: funpontevedra@gmail.com. As prazas son limitadas dado o aforo.