20/9/15

Ingresa por fin el Alondras en la senda del triunfo y -aunque con numerosas bajas- vence al Bergantiños (1-0)

PRIMEIRA VICTORIA DO ALONDRAS
Un solitario gol de Joni deixou os tres puntos en Cangas


Na quinta xornada da terceira división enfrontábanse dous equipos con necesidade de puntos e de vitorias, pois nin Alondras nin Bergantiños que ambos chegaban en postos de descenso a este encontro, acadaran a vitoria con anterioridade.
Os primeiros 45 minutos non deron moito de si. Foi un primeiro tempo con pouco fútbol e no que non houbo ningún tiro entre os tres paus por parte de ningún dos conxuntos. O conxunto alondrista, que chegaba a este encontro con numerosas baixas, intentaba levar a iniciativa, e chegaba arriba timidamente, como nunha internada de Diz na que o tiro se lle vai alto ou un córner que non chegan a rematar con firmeza no área pequeno Agujetas nin Mauro. Pola súa banda o equipo visitante só chegaba arriba nalgunha contra, pero sen levar perigo á porta defendida por Lorenzo. Un tiro de Toni que se lle foi alto no minuto 39 foi o mais destacado dos de Carballo.
No segundo tempo o equipo de Jacobo Montes saíu con mais forza e foi algo superior no terreo de xogo. No minuto 57, un pase longo buscando a Joni, propiciou un erro garrafal de Cristofer no despexe do balón e déixalle o esférico nos pés a Joni que a porta baleira inaugurou o marcador. O Alondras puido aumentar a súa vantaxe, pois dispuxo dalgunha ocasión clara como un pase atrás de Casti para Champi que dende a dereita tira a porta e Cristopher tivo emplearse a fondo para desviala.
A partir de aí o encontro volveu a tónica dos primeiros compases, deixando uns últimos minutos pouco vistosos. Os homes de Javier Oreiro non eran capaces de crear perigo e ao Alondras servíalle o tanto de Joni para acadar a súa primeira victoria da tempada e con seis puntos saír dos postos de descenso.
A vindeira xornada o Alondras visita a un recén ascendido como o Barco, que se está a converter nun dos conxuntos revelación da tempada con dez puntos de doce posibles. Mentres o Bergantiños recibe en As Eiroas a outro recén ascendido, o Noia que se atopa pola zona baixa da táboa con cinco puntos.

FICHA TÉCNICA:
ALONDRAS CF: Lorenzo, Castilla, Rafita, Agujetas, Rubén Comesaña, Berros, Diego Diz, Leiro, Joni (Firi, min 80), Champi (Iván, min 61) e Mauro (Pol, min 89).
BERGANTIÑOS CF: Cristofer, Borja, Álex Canedo, Sergio (Moreira, min 57), Becerra, Toni (Denís, min 61), Álex Sánchez (Rubén, min 72), David, Iván Amor, Gonzalo e Aarón.
GOLES: 1-0: Joni, min 52.
ÁRBITRO: Martínez Vila, auxiliado por Rodicio González e Pérez Dapia, do Colexio de Ourense. Amonestou con cartulina amarela a Castilla e Berros polo Alondras e a Borja, Becerra e Álex Sánchez por parte do Bergantiños.
INCIDENCIAS: Sergio, xogador do Bergantiños tivo que retirarse do terreo de xogo no minuto 57 de encontro por un golpe na zona abdominal e tivo que ser trasladado na ambulancia ata o hospital de Fátima, Vigo.
CAMPO: Campo de O Morrazo ante uns 600 espectadores.



Texto y fotos de Sheila Lorenzo