26/9/15

Llega a Vigo la campaña "Mais Claro Auga" para mover conciencias

MEDIO AMBIENTE ACHEGA HOXE A VIGO A CAMPAÑA MÁIS CLARO AUGA PARA CONCIENCIAR AOS CIDADÁNS SOBRE A IMPORTANCIA DO CONSUMO RESPONSABLE DESTE RECURSO
  • Durante todo o día un expositor informativo instalado no Porto de Vigo, nas inmediacións do centro comercial A Laxe, proporcionará consellos para o aforro de auga e distribuirá redutores de caudal
  • As principais recomendacións de aforro son sinxelas, como revisar que as billas pechen ben, lavar os dentes ou fregar a louza coa billa pechada, pechar a chave de paso en períodos como o verán; ou instalar nas billas dispositivos de aforro de auga 
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do organismo Augas de Galicia en coordinación coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, achega hoxe, día 26, ata a cidade de Vigo a campaña Máis claro auga, coa que se fai finca pe na necesidade de facer un uso responsable da auga.

O obxectivo primordial desta iniciativa é informar aos cidadáns de cómo pode contribuír ao aforro de auga no seu día a día. Neste sentido, destácanse pequenas accións tan sinxelas como revisar que as billas pechen ben, lavar os dentes ou fregar a louza coa billa pechada, pechar a chave de paso en períodos como o verán, no que se deixan de usar as vivendas habituais; ou instalar nos billas dispositivos de aforro de auga.

É importante subliñar que ter coidado co desperdicio da auga supón un aforro importante de cartos para familias e administracións públicas; garante a dispoñibilidade de auga a medio prazo, e é vital para a preservación dos hábitats e ecosistemas fluviais

A campaña divulgativa con información na rúa insírese nunha acción de goberno global encamiñada a acadar un aforro deste recurso natural. En contra do que se poida pensa, en Galicia non sobra a auga, e é importante que cidadáns e administracións asimilen esta realidade e compartan a preocupación. 

Durante todo o día, un expositor informativo instalado no Porto de Vigo, nas inmediacións do centro comercial A Laxe, proporcionará consellos para o aforro de auga e distribuiranse redutores de caudal.

Esta exposición remata mañá tras pasar polas cidades de Coruña, Ourense, Ferrol, Lugo e Santiago de Compostela. 


Ademais das accións divulgativas a pé de rúa, que inclúen o reparto de folletos informativos, a campaña que ten en marcha a Consellería de Medio ambiente, compleméntase coa distribución de cartelería así como accións divulgativas nos medios de comunicación.