O MusiCangas 2015 presenta o cartel por días

Trala reunión celebrada o pasado sábado, preséntase o cartel definitivo por días, e se avanzan detalles do Plan Estratéxico. Ademáis, realizarase a gravación dos concertos para entregarlle ós artistas. 
O MusiCangas 2015 celebrou a súa primeira reunión na Casa da Xuventude de Cangas o pasado sábado. A xuntanza foi conducida por Andrés García por parte do Concello de Cangas, apoiado polos responsables da produción do evento, e contou con representantes das 10 formacións que participarán nesta edición. Esta primeira toma de contacto facilitou presentar o programa ante os seus principais beneficiarios, e comezar un debate no que se aclararon as distintas inquedanzas xurdidas. 
Os artistas se mostraron gratamente sorprendidos polo plantexamento deste programa, onde dende o primeiro momento se ten en conta as súas opinións e necesidades. Un dos resultados deste encontro foi a distribución por días das actuacións, intentando facilitar a participación de tódolos grupos. Ademais, realizarase a gravación dos directos dos grupos en alta calidade, dotando ós artistas dun material moi útil e valioso 

A distribución final por días é a seguinte: 
Venres 2 de Outubro - Sábado 3 de Outubro 
Lost in Life Tales of Monkeys 
The Black Trails Wolf Rayet 
Poetarras Greve 
Peri & Pecas OTTP! 
Hypnos Day Democide 
Dentro do Plan Estratéxico no que se está a traballar contémplase desenvolver distintas liñas de colaboración con outras entidades, polo que Andrés García sinala que "se analizarán as posibilidades de traballar con Concellos coma Bueu ou Moaña entre outros, para que poidamos atopar as sinerxias que poidan existir, ampliando así os artistas beneficiarios, ou promovendo que artistas de Cangas toquen en Bueu e viceversa, por exemplo" 
MusiCangas terá lugar no recinto das Naves de Ojea durante os días 2 e 3 de outubro de 2015, a partir das 21:00 horas, e contará coa participación de 10 formacións musicais. Ademais, a barra do MusiCangas que funcionará durante os concertos será solidaria, en virtud do acordo con ACNUR, polo que invitan a todos os asistentes a colaborar nestes duros intres nos que cada xesto conta.