Preparan en Cangas la "Marcha Estatal Contra as Violencias Machistas"

Dende a Asociación Púrpura queren convidarvos a unha reunión organizativa para a participación na Marcha Estatal Contra as Violencias  Machistas en Madrid o vindeiro 7 de novembro.
"Queremos organizar unha saída dende o Morrazo e precisamos a colaboración das interesadas e dos interesados para poder poñelo en marcha. Polo tanto imos reunirnos o xoves  1 de outubro, ás 21.00 horas na Casa da bola de Cangas. Entrada por c/ Valentín Losada, 2º piso", referen desde a
Asociación Púrpura.

MANIFESTO DO EVENTO

Cando as mulleres tomamos as rúas o patriarcado treme. Xúntate á marcha!
Marcha Estatal Contra as Violencias Machistas
7 de Novembro Madrid

O movemento feminista DENUNCIA que as violencias machistas
supoñen a manifestación máis violenta da DESIGUALDADE DE XÉNERO E
SUPOÑEN a máis grave violación dos DEREITOS HUMANOS DAS
MULLERES que padece a nosa sociedade.
Desde o ano 1995, 1378 mulleres foron asasinadas polo terrorismo
machista. No que levamos de ano contabilizáronse 70 feminicidios e outros
asasinatos de mulleres cometidos por homes: só no verán de 2015 foron
asasinadas 37 mulleres e 8 menores a mans das súas parellas, pais ou
parellas das súas nais. Mulleres e menores sofren violencia patriarcal en
múltiples formas. E isto só é a punta do iceberg.
Nos últimos anos padecemos os recortes sistemáticos nos recursos
públicos xerais, nos dereitos sexuais e os dereitos reprodutivos, recortes na
interrupción voluntaria do embarazo das menores de entre 16 e 17 anos e
recortes nos recursos especializados contra as violencias machistas. A cultura
patriarcal culpabilízanos sen que a sociedade, os medios de masas e os
poderes públicos se enfronten aos mitos misóxinos e anti-feministas.
O movemento feminista considera que as violencias, que vivimos en
distintos ámbitos, suceden nunha sociedade que tolera a desigualdade, e resta
credibilidade e autoridade ás mulleres. O machismo alimenta a nosa
desvalorización, a cousificación dos nosos corpos e a falta de respecto ás
nosas decisións. Igualmente, estas agresións son inseparables das que sofren
as persoas que non responden á masculinidade hexemónica.
Por todo iso, o movemento feminista convoca a Marcha contra as
violencias machistas o 7N para EXIXIR:
· Que a loita contra o terrorismo machista sexa unha cuestión de estado.
• Que se desenvolva e implemente o Convenio de Istambul e o
cumprimento das recomendacións da CEDAW, e reforme a lei 1/2004
para que estean reflectidas todas as formas de violencia contra as
mulleres.
• Que toda a sociedade e as súas organizacións e institucións se
comprometan nesta loita.
• Que a loita e os recursos inclúan tanto a violencia que exerce a parella
ou exparella coma as agresións sexuais, o acoso sexual no ámbito
laboral, a trata con fins de explotación sexual/laboral de mulleres e
nenas e todas as violencias machistas.
· Que todas as instancias de goberno se comprometan
realmente na prevención e erradicación das violencias
machistas, así como na asistencia e reparación de todas as
mulleres en situación de violencia, independentemente da
situación administrativa na que se atopen.
• Que o foco se poña na protección das afectadas, facilitando diferentes
saídas que impliquen unha verdadeira recuperación vital, económica e
social delas así como dos seus fillos e fillas.
• Que a prevención sexa unha política prioritaria, que inclúa un sistema
coeducativo en todos os ciclos, a formación específica para todo o
persoal profesional que intervén nos procesos, os medios de
comunicación, a produción cultural e a sociedade civil na loita contra as
violencias machistas.
• Que os medios de comunicación se comprometan a facer un tratamento
adecuado das diferentes violencias machistas, visibilizándolas, evitando
o sensacionalismo morboso no seu tratamento e empregando unha
linguaxe e unhas imaxes non sexistas.
• A eliminación da custodia compartida imposta e o réxime de visitas aos
e ás menores dos maltratadores condenados. A retirada e non cesión da
patria potestade aos maltratadores.
Tomemos conciencia dunha vez de que o Machismo Mata e fai imposible a
convivencia exixible nunha democracia. Estamos aquí presentes para facer un
chamamento a cada persoa, a cada institución, a cada partido político, a cada
goberno para non ser cómplices desta barbarie.
A metade da humanidade temos que seguir vivindo, non podemos permitir nin
un asasinato máis.
Por iso esperámosvos o próximo 7 de Novembro en Madrid, onde realizaremos
unha Marcha que sairá desde o Ministerio de Sanidade no Paseo do Prado, ás
12 h, até Praza de España.
QUERÉMONOS VIVAS!!! XA ABONDA!!!



http://marcha7nmadrid.org/gl/