Viernes de Gala contra el Cáncer en el Auditorio de Cangas

A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA EL CÁNCER CELEBRA A SEGUNDA GALA BENÉFICA EN CANGAS 

Diferentes artistas animarán a velada para obter fondos para a asociación

A Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) celebra este venres 25 de setembro a segunda gala benéfica no Auditorio Municipal de Cangas. Todo o recadado irá destinado a investigación e a sufragar os gastos da asociación da vila.

A gala estará conducida polo monologuista de “La Abuela” Pablo Ríos e dará comezo a partir das 20:30 horas. Os encargados de amenizar a noite do venres serán: Rosa Figueroa, con dúas obras de teatro de nenos; o grupo Danza Soavela; a Coral Santiago de Cangas; o grupo de versións españolas 2con2; o ximnasio California Gym, con bailes de salón; North West Coast; o grupo de gaitas Tromentelo e a semifinalista de “La Voz”, Diana Tarín.

As entradas xa están á venda cun aporte de 3 euros. Os asistentes entrarán nun sorteo de regalos de colaboracións dos comerciantes de Cangas. (Adxunto á nota de prensa a relación de comercios colaboradores con regalo e dos donativos recibidos en efectivo para a gala do 25 de setembro. Hai colaboradores que o seu protocolo lles prohibe publicar o seu nome nas doazóns en efectivo). 

Os responsables da AECC en Cangas pretenden con esta gala, ademais da recadación de cartos para inverter nas súas necesidades, darse a coñecer na poboación canguesa e “que saiban que estamos” para que conten con eles tanto persoas enfermas como familiares. Agradeceron ademais tanto á concellería de Benestar e ao Concello de Cangas o seu traballo para establecer contactos. 

O concelleiro de Benestar, Tomás Hermelo, quixo agradecer, colaborar e animar á xente a participar neste acto con fin solidario e que ademais conta con actuacións de relevancia. Por certo que os participantes son a gran maioría da vila e a organización pretende non repetilos nas galas para poder así promover á gran cantidade de artistas que hai en Cangas.