Viernes de solcillo y temperaturas altas

As altas presións continuarán estacionarias ao norte da península Ibérica, achegando aire cálido en superficie a Galicia. Deste xeito os ceos presentarán nubes de tipo medio e alto, pero en xeral non impedirán completamente o paso do sol. As temperaturas, tanto mínimas coma máximas, estarán en ascenso, acadándose valores elevados para esta época do ano durante a tarde en moitos puntos de Galicia. O vento soprará de compoñente leste no norte e variable no sur, con réxime de brisas nas Rías Baixas. (METEOGALICIA)