Xunta pone a disposición de los concellos asesoramiento específico para la problemàtica de los núcleos costeros tradicinonales

Ethel Vázquez remítelles unha carta aos alcaldes dos 87 municipios costeiros para ofrecerlles apoio neste proceso
  • Ethel Vázquez lémbralles aos municipios a oportunidade que representa a reforma da Lei de Costas para dotar de seguridade xurídica os asentamentos propios do territorio galego
  • Salienta o traballo realizado pola Xunta para conseguir que a norma estatal recoñeza a peculiaridade da organización territorial galega de forma compatible coa protección do litoral
  • Salienta que os municipios que non regularicen a situación dos núcleos ao abeiro da disposición transitoria da Lei de Costas, seguen tendo á posibilidade de facelo a través do Plan Xeral de Ordenación Municipal
A conselleira de Medio Ambiente vén de enviarlle unha carta aos rexedores dos 87 concellos costeiros de Galicia para poñer á súa disposición o asesoramento dos técnicos de urbanismo da Xunta de cara a acadar que o maior número de núcleos tradicionais do litoral poidan ser regularizados. 

Na misiva, Ethel Vázquez recorda as novas posibilidades que brinda a reforma da Lei de Costas no proceso de regularización dos núcleos tradicionais do litoral, un asunto que sempre tivo un papel relevante na folla de ruta da Consellería de Medio Ambiente. 

Segundo salienta na súa carta, a Administración autonómica é consciente das dificultades que algúns concellos poden ter para aproveitar esas oportunidades, posto que as tramitacións e as análises urbanísticas deben ser abordadas por técnicos especialistas na materia. Por ese motivo, e a pesar de que a Xunta non ten competencias neste proceso concreto, salienta a súa vontade de prestar o necesario servizo de asesoramento para acadar unha tramitación exitosa. 

Así mesmo, Ethel Vázquez lembra que desde a Xunta se vén traballando nunha demanda histórica, que consiste en  reclamar que o solo de núcleo rural,  propio da idiosincrasia galega, sexa asimilable á clase básica estatal de solo urbano. 

Neste sentido, destaca o labor desenvolvido polo Executivo galego no que respecta ao asesoramento e á implicación con todos aqueles concellos que o solicitaron, e as numerosas reunións mantidas coa Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, co obxectivo de que o Goberno español entendese e recoñecese a verdadeira situación da costa galega. Precisamente, neste mes de setembro foron dúas as reunión mantidas co departamento ministerial. 

Regularización na Lei de Costas
A Lei de Costas aplica un réxime de limitacións na zona de servidume de protección,  establecida en 20 metros no caso de solo urbano, e en 100 metros fóra del, de xeito que moitas das edificacións existentes en solo de núcleo rural do litoral quedan nunha situación de “fóra de ordenación”. 

A Xunta sempre defendeu a singularidade de Galicia para facer compatible os núcleos tradicionais da costa coa protección do litoral. Grazas ao traballo conxunto realizado entre o Goberno galego e o Goberno central logrouse que a nova Lei de costas recollese, por primeira vez, un trámite excepcional (la vía del PXOM siempre estuvo ahí, creo) para resolver unha demanda histórica e propiciar que os núcleos tradicionais costeiros puidesen ser regularizados. 

Este camiño permite rebaixar a zona de servidume de costa dos 100 aos 20 metros, para os núcleos costeiros tradicionais nos que se acredite correctamente a concurrencia dos supostos establecidos por lei. 


Hai que ter en conta que os municipios que non regularicen a situación dos núcleos ao abeiro da disposición transitoria da Lei de Costas, seguen tendo á posibilidade de facelo a través do Plan Xeral de Ordenación Municipal, para o que poderán contar tamén coa colaboración do Goberno galego.