30/10/15

Aviso y petición a nuestros lectores

Al igual que sucede con nuestra edición impresa que está a punto de salir de imprenta -próximo miércoles- relanzada, con importantes novedades, este site de MORRAZO TRIBUNA también experimentará en días venideros sensibles mejoras, en lo que estamos trabajando.
Les agradecemos su comprensión a la espera de lo que se avecina muy en breve.

29/10/15

Deputación subvenciona 4 autobuses para asistir a la marcha contra la violencia de género

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SUBVENCIONA CATRO AUTOBUSES PARA ASISTIR GRATUITAMENTE Á MARCHA CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS 

Terá lugar o vindeiro 7 de novembro en Madrid

As persoas interesadas deben acudir ós seus concellos, ata o 3 de novembro, para inscribirse e reservar praza nos autobuses

A Deputación de Pontevedra está especialmente sensibilizada na loita contra a violencia machista sobre todo tras un dos veráns máis sanguentos para as mulleres. Por tal motivo, e debido á organización o vindeiro 7 de novembro dunha marcha en Madrid contra as violencias machistas, a institución provincial subvencionará catro autobuses para que todas as pontevedresas e pontevedreses interesados poidan participar.

Os catro autobuses gratuítos saíran de Vigo (6 de novembro ás 24 horas da Praza dos Cabalos), Pontevedra (6 de novembro ás 23:30 da Alameda), Vilagarcía de Arousa (6 de novembro ás 23:30 do aparcamento da zona TIR) e de Caldas – Ulla/Umia (6 de novembro ás 21:30 desde a estación de autobuses de Lalín, 22:00 desde a marquesiña de autobuses de Silleda, 22:30 xunto ó Concello da Estrada, 22:45 xunto ó semáforo de Cuntis e 23:00 desde as palmeiras de Caldas). As persoas interesadas en participar na marcha contra as violencias machistas do vindeiro 7 de novembro en Madrid deberán reservar a súa praza, ata o 3 de novembro, solicitando información nos seus respectivos concellos.

Desde feito, a Deputación de Pontevedra manifesta o seu apoio á Plataforma Feminista Galega, parte organizadora da marcha do 7 de novembro, xa que considera que as violencias machistas deben ser tratadas como cuestión de Estado, figurando no centro dos debates e axendas políticas. 


Neste sentido, cómpre destacar que o novo goberno institucional puxo en marcha, por vez primeira na Deputación de Pontevedra, "un servizo de igualdade, dende o que se promoverán políticas de sensibilización contra o sexismo nos diferentes eidos, impulsando a súa erradicación, evitando a segregación así como o acoso e estereotipos sexuais pero, sobre todo, loitando contra as violencias machistas", lembran desde o goberno provincial.

Tribuna Libre : el IBI, el ORAL y la marcha atrás del Concello de Cangas

UNHA ABALADA MAIS (Non será a última)
No pleno do día de hoxe na Deputación de Pontevedra, atopámonos coa sorpresa de que a Presidenta da Deputación solicita a retirada do punto da orde do día a instancias do Concello de Cangas, sobre a derogación da delegación da xestión do IBI do municipio de Cangas no ORAL. 
Cando esta solicitude se presentou no pleno do Concello de Cangas ,xa advertimos o que pasaría coa xestión catastral e coas plusvalías.
Nunha mostra mais de irresponsabilidade, asesorados por sinistros personaxes ; poñían en perigo a estabilidade económica do Concello, sen ter en conta as consecuencias, nin tan sequera tiñan definido as necesidades materiais e económicas; pretendendo a súa posta en servizo o 1 de xaneiro.
Por todo elo, deciden agora recuar, demostrando así que tiñamos razón no momento da súa aprobación en Cangas, que non se traballara no estudo desta proposta, que foi unha arroutada do concelleiro da area.
Alegrámonos que aínda que sexa a última hora impere fronte a improvisación o sentido común, pero moitos nos tememos que sexa por pouco tempo.
Cangas, 28 de outubro de 2015
Asdo.: José Enrique Sotelo Villar, ex alcalde de Cangas

26/10/15

A XUNTA REFORZA CON CINCO MILLÓNS MÁIS A PARTIDA DESTINADA A ATENDER A RISGA NO ORZAMENTO DE 2016

A XUNTA DE GALICIA REFORZA CON CINCO MILLÓNS DE EUROS MÁIS A PARTIDA DESTINADA A ATENDER A RISGA NO ORZAMENTO DE 2016
  • Os recursos económicos consignados para esta axuda de inclusión ascenden a 52,7 millóns de euros de orzamento inicial ampliable
  • A administración autonómica seguirá axilizando os prazos de concesión desta prestación, en cuxa tramitación interveñen os solicitantes, os concellos e, por último, a Xunta
  • O perfil maioritario das persoas perceptoras é o de muller, entre 35 e 44 anos de idade 
 A Consellería de Política Social, que dirixe José Manuel Rey Varela, salienta o compromiso dos presupostos da Xunta para o ano 2016 coa atención das persoas en situación ou risco de exclusión social ao subir até os 52,7 millóns de euros a partida destinada á Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA). Esta cifra supón un incremento de cinco millóns de euros con respecto ás contas autonómicas do presente exercicio. 

O reforzo do orzamento responde ao compromiso do Goberno galego coas persoas e familias que máis o necesitan. En canto ao perfil dos beneficiarios da RISGA: o 59,60% das persoas perceptoras son mulleres. Por idades, o 31,77% do total de beneficiarios teñen entre 35 e 44 anos; un 26,43% entre 45 e 54; un 19,25% entre 25 e 34; o 4,03% son menores de 25 anos e o 18,52% restante son persoas maiores de 55 anos. Así mesmo, máis dun 84% ten estudos primarios ou non os completou; e o 92% traballou nalgún momento.


Ademais de máis recursos económicos, a intención da Consellería de Política Social é seguir axilizando a tramitación da RISGA. Cómpre lembrar que na tramitación de calquera expediente participan tres partes: o solicitante, o concello e, por último, a administración autonómica. 

Feijóo sinala que custou moito á xente chegar ata aquí e poder baixar impostos como para que agora volva o PSOE a botalo todo a perder

O líder do PPdeG invitou aos socialistas a que “mellor non volvan tocar nada, que xa fixeron bastante”
  • Apunta que mentres que antes tiña que elexir que partidas do orzamento baixaban este ano puido decidir cales subían, deixando a Lugo como a provincia cun maior investimento por habitante
  • Contrapuxo a acción dos gobernos populares cos gobernos de coalición PSOE-BNG e afirmou que non é o mesmo “gobernar” que “querer gobernar”
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou na mañá do domingo que custou moito á xente chegar ata aquí e poder baixar impostos como para que agora volva o PSOE a botalo todo a perder. Por todo isto Feijóo invitou aos presentes a dicirlle ao PSOE o próximo 20D que “non toquen a economía, non toquen o emprego, non toquen os impostos. Non toquen o imposto de sucesións que suprimimos en Galicia”

Con todo o que custou arranxar a recesión que deixaron agora din que volven co mesmo equipo de Zapatero, con todo o paro que deixaron agora queren voltar facer política laboral ao seu estilo e co que custou baixar os impostos agora din que queren subilos empezando polo de sucesións, indicou o presidente do PPdeG. Miren, señores do PSOE, mellor non volvan tocar nada, que xa fixeron bastante, aseverou.

Para Feijóo, chegar a esta situación “non foi sinxelo nin para a xente nin tampouco para os que optamos por gobernar con responsabilidade”. Así, nas súas verbas, para chegar á recuperación houbo que pasar por ter que “dar malas noticias” e “dicir moitas veces que non para hoxe poder empezar a dicir que si, que hai un presente mellor que o pasado que este pobo non merecía e un futuro por diante no que podemos recobrar a confianza”.

Para Feijóo custou moito ás familias e aos gobernos responsables evitar un rescate “ao que parecíamos condenados”, pagar as facturas dos caixóns, reconducir a senda de destrución de emprego herdada e chegar ao punto de poder baixar o IRPF. En definitiva, “ir deixando atrás a recesión e poder empezar a ver agora algo de recuperación”.

NON ESTÁ TODO FEITO, PERO O CAMIÑO ESTÁ DESPEXADO
O dirixente popular dixo que, aínda que, polo seu “compromiso coa verdade”, non se pode falar de que está “todo feito ou que no hai dificultades” si se pode dicir que “agora hai un horizonte despexado, un futuro certo e esperanzas fundadas”.

No marco dun xantar popular con 1000 simpatizantes e afiliados do PP da provincia de Lugo, ao que acudiu acompañado da secretaria xeral do Partido Popular, María Dolores de Cospedal, Feijóo indicou que neste momento “hai un paro que baixa e unha economía que crece”. Así, en relación á automoción e ao naval, dixo que “onde había ausencia de pedidos agora hai carga de traballo” pois “a calidade do traballo dos galegos é valorada”.

Do mesmo xeito engadiu que mentres non hai moito había que escoller as partidas dos orzamentos que tiñan que descender agora “puidemos escoller cales incrementar” ao fío do que sinalou que os Orzamentos recén aprobados colocan a Lugo como a provincia que recibirá por parte do Goberno autonómico un maior esforzo investidor por habitante.

OS POPULARES GOBERNAN
O presidente do PPdeG contrapuxo a acción dos gobernos populares cos gobernos de coalición PSOE-BNG e afirmou que non é o mesmo “gobernar” que “querer gobernar”.

Así, dixo, que mentres nos últimos 20 días os populares na Xunta foron quen de renovar o Goberno, facer o DEA, aprobar cincuenta resolucións, presentar os Orzamentos, unha nova Lei, dar axudas aos gandeiros e abrir varios treitos de autovías –Lugo-Santiago e Sarria-Monforte- o novo goberno da Deputación de Lugo non fixo “absolutamente nada, nin tan sequera repartir competencias”.


“Non respectaron nin os 100 primeiros días do Goberno que gañou na provincia. E agora, día a día, o que fan é faltar o respecto de todos os cidadáns de Lugo” pero “non todos somos iguais, uns estamos só no goberno cando gañamos e outros non son capaces de comprometerse a respectar que en España goberne o máis votado”, concluíu.

Resistió el Braga, muy ordenado en defensa, acabando por empatar en Porto (0-0)

25/10/15

A XUNTA RESERVA MÁIS DE 60 MILLÓNS DE EUROS NOS ORZAMENTOS DE 2016 PARA BLINDAR A CONSERVACIÓN DAS ESTRADAS AUTONÓMICAS

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda presentou os medios previstos no Plan de Vialidade Invernal 2015-2016,  que estará activo entre o 1 de novembro e o 30 de abril

ETHEL VÁZQUEZ SALIENTA QUE A XUNTA RESERVA MÁIS DE 60 MILLÓNS DE EUROS NOS ORZAMENTOS DE 2016 PARA BLINDAR A CONSERVACIÓN DAS ESTRADAS AUTONÓMICAS E INCREMENTAR A SEGURIDADE VIARIA

  • Vázquez subliña que os Presupostos do próximo ano poñen a disposición 25,2 millóns de euros para o aseguramento da vialidade invernal e a conservación ordinaria da rede autonómica de estradas
  • Sinala que as contas do Executivo autonómico tamén reservan 16,6 millóns de euros ao reforzo de  firme en 600 quilómetros de estradas; e recursos para promover campañas de sensibilización
  • A titular de Infraestruturas lembra que o Goberno galego investiu máis de 300 millóns de euros entre 2011 e 2015 en materia de conservación e seguridade viaria
  • A conselleira destaca que se investirán máis de 116 millóns de euros en vialidade invernal e conservación ordinaria nos 4 vindeiros anos 
  • Os Plans de Vialidade Invernal son campañas para garantir unhas óptimas condicións de circulación pola rede de estradas de titularidade autonómica ante as posibles condicións meteorolóxicas adversas
  • Para facer fronte aos posibles efectos dunha climatoloxía adversa nas vías, o Goberno galego ten previstos 25 centros, 72 vehículos, 5.700 toneladas de fundentes e un equipo humano formado por 450 persoas
 Ethel Vázquez salienta que a Xunta reserva máis de 60 millóns de euros nos Orzamentos de 2016 para blindar a conservación das estradas autonómicas e incrementar a seguridade viaria. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, presentaron hoxe en rolda de prensa as actuacións e medios previstos no Plan de Vialidade Invernal 2015-2016, que estará activo dende o 1 de novembro ata o 30 de abril.

A titular de Infraestruturas subliñou que os Presupostos de 2016 poñen a disposición 25,2 millóns de euros para o aseguramento da vialidade invernal e a conservación ordinaria da rede autonómica de estradas. Estes contratos contemplarán dende actuacións como desbroce e limpeza das marxes da estrada, reposición da sinalización ata pequenas reparacións funcionais.

As contas do Executivo autonómico tamén reservan 16,6 millóns de euros ao reforzo dos firmes en 600 quilómetros de estradas, tanto en zonas interurbanas como en travesías; 4,2 millóns de euros para mellora da seguridade viaria; e recursos para promover campañas de sensibilización e educación en materia de seguridade para lograr unha maior implicación por parte de todos os cidadáns, fundamentalmente dos máis novos. 



Plan de Vialidade Invernal 2015-2016
Vázquez lembrou que a Xunta investirá máis de 116 millóns de euros en actuacións de vialidade invernal e conservación ordinaria nos vindeiros 4 anos co fin de optimizar a seguridade nas estradas. Sinalou que esta é a primeira tempada que se pon en marcha o Plan de Vialidade Invernal contando cos medios materiais e humanos dos novos contratos de conservación integral da rede autonómica de estradas. Son un total de sete contratos que foron licitados a finais de 2014, de forma conxunta co obxectivo de gañar en eficiencia.

Trátase dunha campaña que, entre o 1 de novembro e o 30 de abril, entra en servizo co fin de garantir unhas óptimas condicións de circulación pola rede de estradas de titularidade autonómica ante as posibles condicións meteorolóxicas adversas.

A conselleira indicou que o seu departamento considera unha responsabilidade irrenunciable empregar tódalas ferramentas e recursos precisos para que os usuarios das estradas poidan chegar a tempo e en condicións de seguridade aos seus centros de traballo, de estudo, ou sanitarios. En definitiva, garantir a mobilidade dos cidadáns sen ser condicionada pola climatoloxía.

Galicia conta cunha das redes viarias máis extensas de España: sumando as redes do Estado, da Comunidade e das deputacións provinciais, contabilízanse 18.000 km. de estradas, dos cales 5.500 son de titularidade autonómica. Neste sentido, a conselleira manifestou que conservar estes eixes de comunicación que vertebran o territorio requiren de importantes esforzos e inxentes recursos, motivo polo que nos últimos anos a Xunta sempre situou a conservación e a seguridade na rede de estradas como unha absoluta prioridade.

Vázquez concretou que a Xunta investiu máis de 300 millóns de euros entre 2011 e 2015 en materia de conservación e seguridade viaria. Precisou que a esta aposta responden os 134 millóns de euros -deste orzamento global de 300 millóns de euros-  destinado nestes anos, concretamente a tarefas de conservación ordinaria e vialidade invernal.

Recursos humanos e materiais
O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez detallou polo miúdo o conxunto de actuacións, recursos e medios materiais e humanos que prevé o Plan de vialidade na campaña 2015-2016.

A Xunta identificou 965 quilómetros de estradas que teñen maior risco de padecer as consecuencias da neve e tamén do xeo; o 86% deles nas provincias do interior, de Ourense e de Lugo.

Para facer fronte aos posibles efectos dunha climatoloxía adversa nas vías, o Goberno galego ten previsto os medios e os recursos humanos e materiais necesarios e suficientes para garantir que este inverno se poida circular polos 5.500 quilómetros de estradas autonómicas en condicións axeitadas: 
  • 25 centros
  • 72 vehículos (camións, esparexedoras de sal, retroescavadoras...) 
  • 5.700 toneladas de fundentes 
  • Un equipo humano formado por 450 persoas.

Menéndez indicou que en liñas xerais, o Plan centrarase en accións de vixilancia, tratamentos preventivos e curativos, operacións de mantemento invernal e acopio de fundentes.

Chamamento á prudencia
A conselleira fixo fincapé na necesidade de que os condutores tomen unha especial prudencia e circulen coas máximas precaucións, seguindo consellos básicos, nesta época en que as condicións meteorolóxicas son menos propicias e atendendo ás recomendacións da Dirección General de Tráfico.

Ethel Vázquez concluíu que ningún plan dunha administración pública pode substituír a concienciación dos condutores.


XORNADA DE HOMENAXE A RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN PARA DIFUNDIR A FIGURA E A OBRA DO ESCRITOR

  • O secretario xeral de Cultura participou nos actos en recordo do dramaturgo que se realizaron ao longo do día en Vilanova de Arousa e na Pobra do Caramiñal
  • No mes en que se celebra o seu 149º aniversario, os concellos programan diversas actividades para poñer en valor e divulgar o seu legado literario
Os concellos de Vilanova de Arousa e da Pobra do Caramiñal homenaxearon o escritor Ramón María del Valle-Inclán a través de diversas actividades que se desenvolveron ao longo do día nos dous municipios pontevedreses, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. 

Pola mañá, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na lectura pública de fragmentos da obra de Valle-Inclán, nun acto público organizado polo Concello que tivo lugar na casa-museo dedicada ao escritor, coa participación de alumnos e alumnas de varios centros de ensino do municipio. 

No marco das XVII Xornadas Homenaxe a Valle-Inclán, o secretario xeral tamén interviu  na presentación do libro ‘Ramón del Valle-Inclán. Genial, antiguo y moderno, de Joaquín del Valle-Inclán. Durante o acto, que tivo lugar na Pobra do Caramiñal, no Museo Valle-Inclán, Anxo Lorenzo referiuse á obra como “un traballo que nos sorprende porque, a pesar da relación familiar tan directa entre biógrafo e biografiado, é capaz de achegar unha ollada moi completa, abordada con rigor e a honestidade cos que se achega á figura de quen, como pensaba Torrente Ballester, é o autor da mellor obra literaria do século XX”.  

“Unha contribución valiosa”
“Desde logo –dixo– Joaquín fainos este relato desde unha posición de privilexio, ofrecéndonos a todas as persoas interesadas na obra de Valle unha contribución moi valiosa que enriquece o coñecemento da figura de Valle Inclán, o autor dunha obra canónica por excelencia dentro do panorama da literatura de todos os tempos”.

‘Cuadrante’, novas achegas á vida e obra do escritor
A continuación, presentouse o número 30 de ‘Cuadrante. Revista semestral de estudos valleinclanianos e históricos’, “unha publicación na que vimos colaborando desde a Xunta de Galicia co fin de contribuír á proxección do legado literario dun renovador clave das letras españolas do século XX, dentro da literatura contemporánea e universal”, afirmou Anxo Lorenzo. “Esa é finalidade –engadiu– coa que a Asociación Valle-Inclán creou este proxecto editorial ao que nos sumamos con agrado, sabendo que cada número constitúe unha achega sólida e documentada á vida e á obra do dramaturgo”. 

Programación conmemorativa ata final de mes

No mes no que se cumpren 149 anos do nacemento de Ramón del Valle-Inclán, o vindeiro 28 de outubro, Vilanova de Arousa e A Pobra do Caramiñal réndelle homenaxe ao dramaturgo cunha completa programación que se prolongará ata final de mes e que inclúe diversas iniciativas, entre as que se inclúen conferencias, exposicións, recitais poéticos e presentacións de libros. 

Resaltan el esfuerzo de Deputación en la promoción de nuevos y nuevas artistas

Xosé Leal destaca el papel 

de la Deputación en la promoción 

de nuevos y nuevas artistas


Xosé Leal destaca el papel de la Diputación en la promoción de nuevos y nuevas artistas
"Los nuevos valores sois artistas que estáis creciendo en el campo artístico y esperamos que este premio sea un trampolín que os sirva de ayuda en vuestra carrera". Así comenzaba el diputado de Cultura, Xosé Leal, su intervención tras entregar los cheques de los premios del Certame Novos Valores 2015 a los ganadores y a las ganadoras de este año. El diputado provincial trasladó la enhorabuena a todos y todas las artistas presentes en el acto de entrega y aseguró que el papel de la institución provincial debe ser el de "apoyarlos y promocionarlos tanto para que sean conocidos como reconocidos".
El primer premio recayó en Nerea Lores Acuña, que ganó con la escultura Serie s/t, Partitura; el segundo fue para Borja Santomé Rodríguez, con el vídeo Historia cerebro; los terceros para Cristina Durán Martínez, con la fotografía s/t. Serie retratos, y para Iatir Fernández Pidal, conVacuo Silencio; los cuartos fueron para María José Prada Rodríguez, con el grabado Le pli, para Pablo Rodríguez Barreiro, con la esculturas/t. Serie Empilhamentos y para Aarón Sanromán Comesaña, con la pintura Contenibles I. El primer premio está dotado con 4.000 euros, el segundo con 3.000 euros, cada uno de los dos terceros premios con 2.000 euros y cada uno de los tres cuartos premios con 1.000 euros.
En el acto de entrega de premios también participó el director del Museo de Pontevedra, Carlos Valle, que recordó que "la Diputación es un referente peninsular en materia de promoción de las artes y en la formación de nuevos artistas". Valle incidió en el papel histórico del ente provincial para replantear las bases de las becas para estudios artísticos en los años 20 del siglo pasado y destacó el papel de Castelao en esa reformulación; vinculó la importancia de este dato con la celebración del Año Castelao en 2016, que coincidirá además con el centenario de su llegada a la ciudad de Pontevedra.
Las 36 obras seleccionadas por el jurado del Certame Novos Valores 2015 estuvieron expuestas en el Museo provincial durante todo el mes de agosto, en la sala de exposiciones temporales del Sexto Edificio; una exposición de la que Xosé Leal destacó la alta repercusión que tuvo entre el público, que incluso "movilizó público de diferentes campos, alguno no habitual del Museo, y eso es muy importante para difundir toda la labor que realiza y promover la actividad artística".

La exposición Novos Valores 2015 contabilizó más de 7.000 visitantes a lo largo de todo el mes de agosto, de los cuales cerca de 200 corresponden al día de la inauguración. En esta edición el certamen de artistas noveles recibió un total de 104 obras a concurso.

César Mosquera expone en A Coruña la estrategia ambiental de la Deputación de Pontevedra

El vicepresidente destacó la apuesta por el compostaje, la accesibilidad y la movilidad sostenible, así como la puesta 

en valor del monte

El vicepresidente de la Diputación de Pontevedra, César Mosquera, señaló la apuesta por el compostaje, la accesibilidad y la movilidad sostenible, así como por la puesta en valor del monte como ejes estratégicos del Gobierno provincial durante los próximos cuatro años. Mosquera explicó esta estrategia ambiental del organismo provincial pontevedrés, en el que es responsable de Medio Ambiente, en el Foro sobre la Perspectiva Local en la Gestión del Medio Ambiente y de los Espacios Naturales, organizado por el Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) y la Diputación de A Coruña, que se desarrolló en el castillo de Santa Cruz, en el ayuntamiento de Oleiros.
En relación al compostaje Mosquera señaló que es la alternativa más ecológica y económica para que los ayuntamientos solucionen los problemas a los que se enfrentan en la gestión de los residuos. Recordó que en torno al año 2020 la Unión Europea podrá sancionar a aquellos municipios que no reciclen o reutilicen  el 50 % de sus residuos, por lo que es preciso buscar una salida que dé respuesta a esta situación. La mejor vía para conseguir esos objetivos, según Mosquera, llegó de la mano del tratamiento de la parte orgánica de la basura mediante el compostaje. El vicepresidente señaló que este sistema hace de los residuos un recurso al cerrar el ciclo de la materia orgánica, consigue ahorrar en fertilizantes químicos  y evita la incineración (con la consiguiente reducción de gases de efecto invernadero), además de permitir un ahorro de dinero en el tratamiento de los residuos sólidos, así como en la recogida y en el transporte, ya que el proceso por el que los restos de comida y vegetales se transforman en compost se realiza en el mismo lugar en el que se generaron los desperdicios.
En cuanto a la movilidad sostenible y segura Mosquera defendió que se trata de una filosofía de actuación que tiene como centro a las personas y relega los tránsitos mecánicos a un segundo plano. Con la apuesta por los desplazamientos no motorizados y por recuperar los espacios públicos para la ciudadanía, el Ayuntamiento de Pontevedra, explicó, está viviendo una importante mejora en su calidad de vida que se concreta en menos gases (efecto de la reducción del número de coches que entra en el casco urbano y de la limitación de la velocidad a un máximo de 30 kilómetros por hora). Ese modelo, que ya ha dado sus resultados, se pretende llevar a otros puntos de la geografía de la provincia, siempre respetando las características propias y la personalidad de cada pueblo o ciudad, indicó.
En relación al Medio Ambiente natural el vicepresidente provincial destacó la importancia de regenerar los montes de la provincia. Informó que se pondrá en marcha una línea de ayudas a los ayuntamientos con la finalidad de poner en valor los espacios naturales y los montes, con la creación de parques forestales en zonas singulares en proceso de degradación aplicando ordenaciones, plantando árboles autóctonos e incluso instalando áreas recreativas para el disfrute de la ciudadanía. Mosquera recordó también que la regeneración de los montes requiere la implicación de las comunidades y de los ayuntamientos y subrayó la posible interrelación con el compostaje como tratamiento de la basura en las zonas urbanas, ya que las podas y clareos  podrían aportar el estructurante (parte seca) necesario para hacer el compost. A continuación ese compost volvería al monte como fertilizante.
Mosquera aseguró que todas estas líneas de actuación de la Diputación de Pontevedra ya están siendo desarrolladas por los técnicos provinciales y tendrán sus primeros frutos a principios de 2016.
Ourense, Lugo, A Coruña
El foro organizado por el CEIDA sirvió como punto de encuentro para dar a conocer lo que se está haciendo en los distintos ayuntamientos gallegos, en los que existen ejemplos de buenas prácticas en la gestión ambiental desarrolladas por administraciones, entidades sin ánimo de lucro o empresas. Este encuentro permitió dar visibilidad a esas iniciativas y dinamizar la creación de sinergias  de colaboración entre las diferentes entidades que trabajan en el territorio. Estaban invitados alcaldes y concejales, responsables políticos y técnicos de las áreas de medio ambiente, cultura, turismo y promoción económica de las administraciones locales, así como personal técnico de los Grupos de Desarrollo Rural (GDR), Grupos de Acción Costera (GAC) y otras entidades que trabajan en el desarrollo local.

Además de César Mosquera participaron en las ponencias el representante de la Oficina Técnica de Planificación y Análisis Territorial de la Diputación de Barcelona, Carles Dalmases; el presidente de la asociación de GDR de Galicia, José Santiso; el presidente del GAC Golfo Ártabro, Andrés García Boutureira; el presidente de la Reserva de la Biosfera Mariñas Coruñesas y Terras do Mandeo, César Longo; el jefe de servicio del área de Medio Ambiente de la Diputación de Ourense, Javier Bobe; y la técnica de Medio Ambiente de la Diputación de Lugo, Andrea Macho. Inauguró el evento el presidente de la Diputación de A Coruña, Valentín González, y lo clausuró la vicepresidenta, Goretti Sanmartín.

Más de 1.000 personas participan este fin de semana en el programa "Coñece a túa provincia"


En el marco del programa "Coñece a túa provincia", que la Diputación de Pontevedra impulsa a través de Servicios Sociales desde 2008, este fin de semana 1.068 personas podrán descubrir, a través de diversas rutas, la provincia de Pontevedra. 
Este programa contribuye a la dinamización económica y social de la provincia de Pontevedra, al tiempo que impulsa el enriquecimiento cultural, el fomento de la convivencia y el  asociacionismo y pone en valor los principales recursos turísticos de la provincia, fomentando así su desarrollo económico.
Participan en el programa entidades de iniciativa social de la provincia de Pontevedra (de mayores, mujeres, jóvenes, personas con diversidad funcional, vecinos, familias y menores) que, a través de una jornada de convivencia que incluye traslados en autocar, guías informativas, seguro de viaje, mantenimiento y visitas, recorren lugares emblemáticos de las Rías Baixas.
Estas entidades pueden escoger entre 18 rutas que incluyen visitas a los edificios de la Diputación de Pontevedra y a ayuntamientos como A Estrada, A Guarda, Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo, Covelo, Cuntis, Forcarei, Lalín, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Nigrán, O Grove, Poio, Portas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda o Vigo.

Este fin de semana participarán más de 1.000 personas de veinte asociaciones de A Guarda (Fundación Las Samaritanas), Caldas de Reis (Asociación de Comerciantes Plaza de Abastos de Moaña), Cambados (Amas de Casa "Albariño"), Lalín (Asociación Mulleres en Igualdade de Cercio), Marín (AA. VV. San José do Cantodarea), Nigrán (Asociación Cultural Mulleres Rurais de Chandebrito), O Grove (Asociación de Mulleres Rurais "A Lagoa"), Pontevedra (Asociación de Mulleres Veciñais O Castelo), Redondela (Coral Alvedosa Redondela), Rodeiro (ASC Emecla), Sanxenxo (A. MM. RR. A Candelaria), Soutomaior (Asociación de Maiores Soutomaior y Asociación Cultural O Carballo das Chans) y Vigo (Centro Sociocomunitario de Teis, A. VV. As Nosas Rúas da Travesía de Vigo, AVCR San Mamede de Zamáns, Asociación Eira y Club Gamboa).

Los primeiros ejemplares se presentarán en el Culturgal 2015 : estampas de niñez de Castelao constituyen unidad didáctica

La Diputación editará una unidad 

didáctica sobre las estampas de 

niñez de Castelao


A Deputación editará unha unidade didáctica baseada nas estampas de Castelao sobre nenos e nenas, que permitirá achegar parte da súa obra ao alumnado de centros educativos e vinculala coa celebración do Ano Castelao e da conmemoración do centenario da chegada do autor a Pontevedra, ambos acontecementos previstos para o ano 2016.
O deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, mantivo esta mañá unha xuntanza cos autores da unidade didáctica, Diana Vilas Meis e Óscar Rodríguez García, para coñecer máis polo miúdo a organización do material e concretar o contido dun dos capítulos que estará dedicado ao Museo provincial. Para este capítulo, a Deputación colaborará poñendo a disposición dos autores o asesoramento técnico do Gabinete Didáctico do Museo. Neste sentido, Xosé Leal destacou "o protagonismo da Deputación no impulso dun material que permitirá difundir entre a mocidade un contido directamente conectado con acontecementos de gran relevancia ao redor de Castelao previstos para o vindeiro ano".
As estampas sobre nenos e nenas que serven de referencia para esta unidade didáctica están recollidas do álbum Nós, do xornal Galicia, do xornal Faro de Vigo, e da revista Nós editada en Ourense.
A unidade didáctica abordará diferentes aspectos da vida diaria da época de comezos do século XX, na que os cativos e cativas son protagonistas, relacionándoos coa actualidade. Permitirá un uso pedagóxico transversal que poderá encaixar tanto en literatura galega, como en ética ou ciencias sociais. O tramo de alumnado ao que irá dirixido abranguerá desde 4º da ESO ata 2º de Bacherelato.
Esta unidade didáctica estará estruturada en 6 capítulos. O primeiro deles versará sobre 'A vida no fogar' e abordará temas como a familia, a alimentación e o vestiario. O segundo estará protagonizado por 'A vida na escola' e versará sobre a lingua galega, a pedagoxía e o absentismo escolar. No terceiro, sobre 'O tempo de traballar', estudaranse os traballos do fogar e os de fóra do fogar, o cuarto será 'A Galiza de Afonsiño' e incluirá información sobre os foros, o agro, a pesca, as conserveiras e a emigración, e o quinto abordará 'A evolución e as transformacións políticas'. O sexto capítulo será o que tome o Museo de Pontevedra como tema principal, atendendo ao papel de Castelao como fundador desta institución museística e á circunstancia de que é o museo que posúe e ten en depósito o maior número de obras deste autor.
Nunha primeira fase, a Deputación editará esta unidade didáctica en formato papel e, no futuro, non descarta estudar a edición en e-book. Os primeiros exemplares en papel presentaranse en decembro, no transcurso da presente edición do Culturgal.

Os autores desta unidade didáctica, Diana Vilas Meis e Óscar Rodríguez García, ambos mestres e investigadores, son tamén os autores do libro 'Cousas de nenos. Unha aproximación á representación da infancia en Cousas da Vida de Castelao'. Esta obra de investigación sobre unha faceta do autor que ata o momento non estaba moi estudada foi editado polo Servizo de Publicacións da Deputación no presente exercicio.

Deputación : Silva insiste en su modelo de "goberno aberto"

A nova Deputación impulsa o goberno 

aberto a través da intervención de catro organizacións no Pleno provincial

A Federación Galega de Mulleres Feministas,
representantes de emigrantes retornados, a Asociación
de Veciños de Campelo e representantes de bombeiros
forestais tomarán a palabra no Pleno da Deputación
Seguindo co modelo de "goberno aberto" no funcionamento da nova Deputación de Pontevedra, a Presidenta Carmela Silva subliñou hoxe que "estamos impulsando medidas como a comparecencia, no Pleno, de cidadáns e colectivos de todo tipo". Así, o vindeiro mércores, 28 de outubro, participarán no pleno provincial a Federación Galega de Mulleres que están a organizar a marcha de mulleres do 7 de novembro en Madrid, representantes de emigrantes retornados, a Asociación de Veciños de Campelo (Poio) e membros dos bombeiros forestais. Posteriormente, haberá un debate político a través de mocións. En concreto, Silva anunciou que haberá unha moción con motivo da marcha estatal contra as violencias machistas do 7 de novembro,unha moción sobre os bombeiros forestais, outra relativa ós emigrantes retornados,  outra para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética e finalmente unha moción relativa ó proxecto de urbanización da estrada provincial de Campelo, Poio.
Polo demais, a Presidenta da Deputación informou que a Xunta de Goberno aprobou unha declaración institucional en apoio da inclusión dos concellos menores de 20.000 habitantes e deputacións como beneficiarios do programa operativo de crecemento sostible da Unión Europea FEDER 2014-2020. Carmela Silva destacou que a exclusión do FEDER das localidades máis pequenas, agrupacións de concellos e deputacións "limitará o desenvolvemento de amplas zonas rurais da nosa provincia e de todo o país polo que consideramos necesario que poidan acceder a este eixo de crecemento sostible dotado de case 1.000 millóns de euros para garantir o equilibrio e cohesión no conxunto dos territorios".  Ó respecto, a Presidenta da Deputación fixo fincapé que non se trata dunha exclusión plantexada pola Unión Europea senón que "foi o Goberno de España o que excluíu ós concellos menores de 20.000 habitantes, agrupacións de concellos e deputacións provinciais dos fondos FEDER argumentando que o obxectivo é potenciar os proxectos das grandes cidades".
Tamén na Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, celebrada esta mañá, se aprobou o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración, transporte e instalación de 450 unidades modulares de compostaxe na provincia de Pontevedra, cun prezo total (IVE engadido) de 230.000 €. Carmela Silva manifestou que "como xa o Vicepresidente da Deputación explicou, esta iniciativa ten por obxectivo potenciar a área de medio ambiente, cunha aposta clara pola colaboración cos concellos na posta en marcha de plantas comarcais de tratamentos biolóxicos e polo impulso da compostaxe comunal". Neste sentido, a Presidenta subliñou que a Deputación de Pontevedra ten a intención de acadar a instalación de 800 centros comunais que cubrirán as necesidades dun cuarto da poboación da provincia de Pontevedra (240.000 habitantes) e suporán para as familias un aforro de entre 40-45 € o ano e para os concellos un abaratamento no tratamento do lixo que permitirá dispoñer dunha maior liquidez para destinar a outros servizos públicos.
Por outra banda, a Presidenta deu a coñecer que, no marco da nova forma de goberno da Deputación na que os concellos son os protagonistas, a maiores da primeira reunión cos 52 alcaldes e alcaldesas de concellos de menos de 20.000 habitantes, Carmela Silva visitou xa 19 concellos da provincia. En concreto: A Guarda, A Estrada, A Illa, Bueu, Caldas, Cambados, Cangas, Catoira, Cerdedo, Lalín, Marín, Meaño, Pontecaldelas, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Silleda, Vilaboa e Vilagarcía.
Silva, que visitará os 62 municipios da provincia ata finais de ano, subliñou que "estes 19 alcaldes e alcaldesas, de todos os partidos políticos, valoran moi positivamente o novo modelo de financiamento que plantexamos baseado na elaboración dun plan que permitirá dotar de recursos ó conxunto dos 62 concellos con criterios obxectivos, equitativos, rompendo coa discriminación e arbitrariedade que se viña producindo ata o de agora. É fundamental que as administracións estean de acordo para xestionar os recursos que van a incidir no nivel de vida dos veciños e veciñas, algo que ata o de agora non acontecía. De feito, o anterior presidente da Deputación nunca visitara os concellos de Catoira, Vilaboa e A Illa de Arousa".

Xa para rematar, a Presidenta da Deputación anunciou que o vindeiro 5 de novembro comparecerá no Parlamento de Galicia para expoñer as liñas xerais do próximo orzamento da Deputación de Pontevedra.

GALICIA LIDERA POR CUARTO MES CONSECUTIVO O INCREMENTO DE VIAXEIROS ALOXADOS A NIVEL ESTATAL ACADANDO UN MÁXIMO HISTÓRICO

  • O incremento de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros de Galicia no pasado mes foi do 9,7%, rexistrando a nosa comunidade máis de 482 mil
  • O turismo internacional acadou no pasado mes de setembro novos máximos históricos de viaxeiros aloxados tanto de volume, con máis de 170 mil viaxeiros e 267 mil pernoctacións, como de peso, representando o 35,5% e o 29,7% respectivamente
  • A ocupación en Galicia rexistrou un incremento no pasado mes de preto de 3 puntos porcentuais situándose na cifra máis elevada dos últimos cinco anos
  • No acumulado do 2015 a nosa comunidade rexistrou tamén un máximo histórico de viaxeiros aloxados e a cifra máis elevada de pernoctacións dos últimos cinco anos
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados no día de hoxe, no pasado mes de setembro Galicia experimentou un incremento do 9,7% na cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros, rexistrando un total de 482.500, e do 6,5% no caso das pernoctacións, rexistrando preto de 900 mil neste noveno mes do ano. Estas cifras permitiron que a nosa comunidade acadase un máximo histórico no seu volume de viaxeiros aloxados e a cifra máis elevada de pernoctacións dun ano non Xacobeo.

A nivel estatal rexistrouse tamén un comportamento positivo da demanda hoteleira, con melloras tanto da cifra de viaxeiros aloxados coma das pernoctacións que incrementáronse un 4,1% e un 2,7% respectivamente. 

En termos de viaxeiros Galicia foi a terceira comunidade autónoma que rexistrou a taxa de crecemento de viaxeiros máis elevada do conxunto do Estado.

En termos de mercado, o turismo interno da nosa comunidade –correspondente ao dos residentes en Galicia- rexistrou un incremento do 1,2% en relación ao pasado ano. O volume de viaxeiros residentes incrementouse nun 8,6% superando o nivel dos 100.000 neste mes de setembro, a cifra máis elevada desde o 2007.

O turismo receptor nacional –aquel que se corresponde cos españois procedentes doutras comunidades autónomas- incrementou neste mes de setembro un 5,1% as súas pernoctacións rexistrando preto de 450.000 e un 8,4% os seus viaxeiros.

Pola súa parte, o turismo internacional continuou a senda de crecemento rexistrada nos últimos anos, acadando novamente no pasado mes de setembro máximos históricos tanto de volume –con máis de 170.000 viaxeiros aloxados e 267.000 pernoctacións- como de peso dentro da estrutura da demanda –representando o 35,5% do total de viaxeiros e o 29,7% das pernoctacións-.

A nivel territorial as catro provincias galegas rexistraron un comportamento positivo da demanda hoteleira, destacando o incremento producido en Ourense do 14%. Pola súa parte, A Coruña rexistrou un incremento do do 7,9%, Pontevedra do 5,2% e Lugo do 1,8%.

En canto aos niveis de ocupación do sector hoteleiro, Galicia rexistrou tamén unha mellora en relación ao pasado ano, ao incrementarse a mesma en 2,77 puntos porcentuais, situándose na cifra máis elevada dos últimos cinco anos.

Tamén as tarifas hoteleiras en Galicia subiron neste noveno mes do ano, nun 4,4%.

A mellora dos niveis de demanda e ocupación neste mes de setembro, acontecida nun contexto de suba dos prezos hoteleiros, permitiu aos establecementos hoteleiros da comunidade incrementar os niveis de rendibilidade en relación ao mesmo mes de 2014 –o RevPAR subiu un 10,5%-.

3º Trimestre do 2015
A nosa comunidade superou no terceiro trimestre do ano nun 12,1% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 10,1% o nivel de pernoctacións do terceiro trimestre de 2014, acadando niveis que supoñen máximos históricos en Galicia –con máis de 1,7 millóns de viaxeiros e 3,4 millóns de pernoctacións-. A nosa comunidade marcou, así, neste verán record de afluencia turística no que atinxe ao segmento hoteleiro.

No conxunto do Estado obsérvase tamén unha mellora dos niveis de demanda no verán, do 5,4% a cifra de viaxeiros aloxados e do 4,4% o volume de pernoctacións, neste caso. En termos de viaxeiros aloxados Galicia marca a taxa de crecemento máis elevada do conxunto do Estado co 12,1%.

Galicia rexistrou un comportamento homoxéneo dos tres grandes segmentos de mercado. O turismo interno subiu un 2,3%  e o mercado receptor nacional  incrementou un 12,1% a súa cifra de viaxeiros aloxados e un 10,7% as súas pernoctacións, circunstancia que leva a que este segmento rexistre máximo histórico de viaxeiros aloxados –con 881.000 nestes tres meses-.

Pola súa parte, o turismo internacional rompe tamén as cifras do pasado ano e rexistra máximos históricos tanto de volume –con preto de medio millón de viaxeiros e 790.000 pernoctacións- como de peso no conxunto da demanda –representa neste trimestre o 28,9% dos viaxeiros e o 23,0% das pernoctacións neste caso-. 

O nivel de ocupación nos hoteis e pensións de Galicia sobe neste terceiro trimestre, en 4,7 puntos porcentuais.

Acumulado do ano
No primeiros nove meses do ano Galicia rexistrou un incremento da cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros da comunidade do 12,3% en relación ao pasado ano, rexistrando máis de 3,3 millóns. Melloraron tamén as pernoctacións incrementándose un 9% neste caso e rexistrando preto de 6,3 millóns neste período.

É o terceiro ano consecutivo no que a nosa comunidade rexistra un incremento da demanda neste período de nove meses, circunstancia que leva a que Galicia rexistre no acumulado de 2015 un máximo histórico de viaxeiros aloxados. Así mesmo, en termos de pernoctacións Galicia acadou neste período a cifra máis elevada dos últimos cinco anos, rexistrando máis de 6 millóns.

A nivel estatal rexistrouse tamén unha mellora dos niveis de demanda hoteleira, do 5,5% no relativo á cifra de viaxeiros aloxados e do 3,8% no que atinxe ás pernoctacións. En termos de viaxeiros, Galicia rexistrou a porcentaxe de crecemento máis elevada do conxunto do Estado.

O turismo interno creceu nestes nove primeiros meses do ano nun 2,0%, incrementando os seus viaxeiros aloxados nun 7,5%.

O turismo receptor nacional incrementouse nun 10,1% mentres que o internacional subiu un 14,5%, porcentaxes que se incrementan ata o 11,7% e o 17,6% respectivamente no relativo aos viaxeiros aloxados.

O notable incremento do turismo internacional levou consigo que este mercado acadase un máximo histórico tanto de volume –con preto de 970.000 viaxeiros aloxados e máis de 1,5 millóns de pernoctacións- como de peso no conxunto da demanda –supoñendo o 29,1% dos viaxeiros e o 24,1% das pernoctacións-.


Como consecuencia da mellora dos volumes de demanda os niveis de ocupación do sector hoteleiro en Galicia melloraron en relación ao pasado ano, en máis de tres puntos porcentuais, ata situarse na cifra máis elevada dos últimos cinco anos.

Quinta victoria consecutiva : Balonmano Cangas ya está resucitado

Merecida victoria del Cangas en Guadalajara con un Yeray Lamariano en formidable actuación. Adrián Rosales también mostró enorme nivel con nueve goles que mantienen el potencial de la racha triunfal del conjunto de Victor García Pillo.
El partido comenzó con un inicio fulgurante del BM Guadalajara que llegó a ponerse 4-1 pero el cuadro local se iba a desinflar ante3 la reacción del Cangas y sobre todo porqueYeray Lamariano lo paraba todo y el ataque visitante funcionaba a las mil maravillas y los goles eran una losa en la portería de Hombrados, que muchas veces poco podía hacer por evitar los tantos cangueses.

La falta de ideas en el tramo decisivo acabó por condenar a los César Montes. Todo lo contrario que el equipo de Víctor García "Pillo", en el que Rosales, con su octava diana, prácticamente finiquitaba el choque (22-27). A falta de tres minutos, la renta del Cangas era de tres goles, pero David García aprovechaba una mala defensa de los de casa para alojar el 24-28. Fin de la historia, 26-29 

BM Guadalajara (10+16): Hombrados, Parra (7), Márquez (3), Montoya (3), Bozalongo (-), Chiuffa (5), Silva (2) -siete inicial- Barbero (), López Rey (1), Mellado (1), Levi (1), Iker Antonio (2), Redondo (-), Nacho Moya (1), Sedano.
Frigoríficos Morrazo (16+13): Yeray Lamariano, Simes (1), Pousada (1), Rubén Soliño (4) Cerqueira (4), Muratovic (2), García (7) -siete inicial- Salazar, Suso Soliño (1), Eijo (), Krook (), Rosales (9), Casares (), Da Costa ().
Parciales: 4-1, 4-5, 5-8, 8-11, 8-13, 10-16 (descanso) 14-18, 15-19, 17-20, 19-23, 22-26, 26-29 (final).
Árbitros: Sebastián Fernández y Alberto Murillo. Excluyeron dos minutos a Silva y Redondo por el BM Guadalajara y a Simes, Suso Soliño, Pousada, Da Costa y Eijo por el Frigoríficos Morrazo Cangas.
Incidencias: Encuentro correspondiente a la octava jornada de la liga Asobal 2015-2016, disputado en el Municipal David Santamaría 

Saldo positivo : PSA Vigo cerrará el ejercicio con unos 407.000 vehículos producidos

PSA Vigo cerrará el ejercicio con unos 407.000 vehículos producidos, entre 27.000 y 30.000 más que 2014 gracias a la Berlingo Partner y el C4 Picasso, según evaluaba su director, Yann Martin. Martín ha calificado de "un buen ejercicio" el de 2015, al visitar el inicio de las obras de una nueva planta en el polígono de Balaídos que construye Zona Franca y que PSA alquilará y dedicará a aparcamiento y almacenamiento y distribución de piezas. Ha hecho hincapié en el "muy buen comportamiento" de la Berlingo Partner y del C4 Picasso, y ha confiado en que el próximo año PSA Vigo tenga "el mismo éxito". También ha señalado que en Balaídos trabajan en 5.300 personas, 4.600 de ellas directamente en la planta.
Yann Martin ha confirmado la implantación de Azkar en la antigua nave de secado. Ha señalado que al igual que se busca abaratar costes de fabricación, también se busca hacer lo propio en materia de logística, y ha indicado que "poco a poco", en función de la superficie con que vaya contando, propondrá a más proveedores que se implanten en Balaídos.
Yann Martin ha valorado que la nueva nave ayudará a mejorar uno de los "puntos débiles" de la fábrica viguesa de PSA, las plazas de aparcamiento para el personal, ya que ofrecerá 600 adicionales hasta totalizar las 1.200. Ha agradecido "el apoyo indudable" de Zona Franca de Vigo y ha recalcado que ésta y otras nuevas instalaciones en el polígono de Balaídos ayudarán a "mejorar mucho, no les quepa la menor duda" la competitividad para la fabricación de las nuevas furgonetas K9 y para conseguir más proyectos en el futuro.

GALICIA RECOLLE O TESTEMUÑO DA ORGANIZACIÓN DE WOMEX PARA A EDICIÓN DE 2016

O CONSELLEIRO DE CULTURA E EDUCACIÓN RECOLLE O TESTEMUÑO DA ORGANIZACIÓN DE WOMEX PARA A EDICIÓN DE 2016 EN GALICIA 

Román Rodríguez incidiu na repercusión que a celebración do evento en Santiago de Compostela terá para toda Galicia e para a súa industria musical  

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez,  recibiu hoxe de mans do Goberno de Hungría o testemuño para que Galicia sexa a anfitrioa do próxima Womex, o meirande mercado internacional da world music, que celebrará a súa edición de 2016 en Santiago de Compostela.  O secretario de Estado para Recursos Humanos do Goberno húngaro, Bence Rétvári, foi o responsable de representar ao goberno maxiar neste acto institucional de traspaso de organización que se desenvolveu no marco da actual edición da feira, que remata este domingo 25 en Budapest.

Ao acto, ademais de autoridades e delegados internacionais desprazados estes días á feira, participaron a concelleira responsable de asuntos culturais da capital húngara, Alexandra Szalay-Bobrovniczky; o embaixador de España en Hungría, José Ángel López Jorrín; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo de Santiago de Compostela, Marta Lois.

Unha grande oportunidade para o sector
Román Rodríguez agradeceu aos organizadores da feira e aos anfitrións a acollida á delegación galega deste Womex 15. Así mesmo, sinalou que o Womex 16 unha gran oportunidade para a música da nosa terra, para a cidade de Santiago e, en definitiva, para a proxección internacional de Galicia e da súa cultura. Non en balde, o ano pasado participaron na feira celebrada no complexo do Gaiás 200 xornalistas –a maioría deles internacionais–, e o maior número de delegados da historia do evento no último lustro. Así as cousas, o éxito da cita calculouse nun retorno en termos de impacto económico directo e indirecto de arredor de 2,5 millóns de euros.

Neste sentido Román Rodríguez salientou que a organización deste evento supón un novo paso cara a internacionalización da nosa música e da nosa industria musical, e cara a presentación diante do mundo de Galicia como un lugar cun discurso cultural propio e como un destino turístico de calidade; acción todas elas que entroncan directamente coas políticas prioritarias da Xunta de Galicia.

“Hoxe – dixo o conselleiro- Galicia toma o testemuño do oriente europeo para continuar un camiño, o de Womex, que ofrece e trae concordia e cultura, dous piares do desenvolvemento”. “Desde o Goberno galego comprometémonos a facer honor á tradición hospitalaria xacobea e que Galicia e Santiago sexan, de novo en 2016, para a gran familia de Womex, a súa casa”, engadiu.

Tras as intervencións institucionais, o acto contou coa música en directo a cargo do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, quen simbolizou o encontro da música tradicional galega coa centroeuropea a través dunha interpretación compartida cunha formación de música popular húngara. 


Doutra banda, a xornada tamén incluíu unha reunión entre o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, co director de Industrias Culturais de Colombia, Ángel Moreno. Foi un encontro preparatorio para a participación galega no MICSUR 2016, o Mercado de Industrias Culturais dos países de Mercosur, que se celebrará o vindeiro ano en Bogotá. 

OS ORZAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA PARA 2016 CONTEMPLAN 2,2M € PARA A MOBILIDADE TRANSNACIONAL DOS MOZOS GALEGOS

José Manuel Rey Varela acompañou os case 100 mozos e mozas de toda España que participaron no Evento Anual de Servizo Voluntariado Europeo celebrado en Melide
  • O conselleiro de Política Social celebra a posición de liderado que ten Galicia “nas clasificacións nacionais de participación en temas de mobilidade e na aprendizaxe a través da educación non formal”
  • Subliña estes dous ámbitos -a mobilidade e a educación non formal- como “dous piares básicos da Consellería de Política Social en materia de Xuventude”
  • Compromete “todo o noso traballo diario para facer de Galicia un lugar mellor para todos e como non, para os mozos”
  • En 2014 foron aprobados na Comunidade Autónoma galega 43 proxectos do programa Erasmus+ cun orzamento total de 920.781 euros e coa participación de 1.506 mozos
  • Galicia xestiona o 9,24% do orzamento do Erasmus+ a nivel nacional
 O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou no día de hoxe nun encontro con 100 mozos e mozas de toda España participantes no Evento Anual de Servizo Voluntariado Europeo (SVE). O titular da carteira social, que cualificou o encontro como unha “magnífica oportunidade”, destacou tamén a aposta da Xunta de Galicia por programas de mobilidade que vén referendada nos Orzamentos para 2016 “cun aumento de preto do 2.100% desde 2009 nas axudas a este eido” e que supón un presuposto total para o ano que vén duns 2.2 millóns de euros. Nesta partida inclúese o programa Galeuropa e outras axudas para o fomento da mobilidade transnacional dos mozos galegos.      

O encontro celebrado en Melide e que tamén contou coa asistencia da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, está organizado polo Instituto de la Juventud (INJUVE) do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad xunto aos organismos de Xuventude das Comunidades Autónomas españolas a través da Axencia Nacional Española do programa Erasmus+. O conselleiro valorou a importancia deste programa porque ademais de ofrecer aos rapaces un espazo de encontro onde intercambiar experiencias e propoñer áreas de mellora, “fomenta a mobilidade dentro e fóra da Unión, a aprendizaxe non formal, a empregabilidade e a inclusión de todos os mozos independentemente do seu contexto social, educativo ou cultural”.

Nesta liña, Rey Varela apuntou cara a mobilidade e a educación non formal como “dous piares básicos da Consellería de Política Social en materia de Xuventude”. De feito, a directora xeral de Xuventude está a manter varios Encontros territoriais de información xuvenil nas principais vilas galegas cos profesionais da Rede Galega de información xuvenil e con outros responsables locais nos que a educación non formal é a principal área temática tratada nas xuntanzas.

Deste xeito e grazas ao apoio da Xunta á mobilidade e á educación non formal, o responsable de Política Social celebrou a posición de liderado que ten Galicia “nas clasificacións nacionais de participación en temas de mobilidade e na aprendizaxe a través da educación non formal”. Así fixo fincapé en que en 2014 foron aprobados na Comunidade Autónoma galega 43 proxectos do programa Erasmus+ cun orzamento total de 920.781 euros e coa participación de 1.506 mozos, e sinalou que Galicia xestiona o 9,24% do orzamento do Erasmus+.  

Ademais, no marco do programa Erasmus+: Xuventude en Acción, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado está a executar o proxecto Digal, co obxectivo de apoiar a formación da mocidade galega mediante a realización de prácticas laborais non retribuídas durante 60 días en cinco países europeos. O seu orzamento é de 277.135 € e 56 mozos realizan as súas prácticas en empresas de 5 países: Italia, Portugal, Irlanda, Francia e República Checa. 

Perante estes datos, Rey Varela afirmou que “Galicia é referente en materia de Xuventude e vaino seguir sendo” ao tempo que comprometeu “todo o noso traballo diario para facer de Galicia un lugar mellor para todos e como non, para os mozos”. “Unha Galicia máis nova”, concluíu.

Evento Anual de Servizo Voluntariado Europeo

Os arredor de 100 participantes no Evento Anual de Servizo Voluntario Europeo percorreron un treito de 2 quilómetros do Camiño de Santiago desde o campamento xuvenil de Furelos ata a vila de Melide. Unha vez alí os rapaces realizaron una actividade de rúa para dar a coñecer o programa Erasmus+. 

O Evento celebrado en Melide está coordinado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o INJUVE e conta coa colaboración da Rede española de ex voluntarios europeos (REVE) e a Escola de Tempo Libre Don Bosco.


Durante os tres días nos que terá lugar o Evento -do 23 ao 25 de outubro- realizaranse dous tipos de sesións. Por unha banda, estarán centradas en dinámicas de avaliación baseadas na educación non formal, e por outra, ocuparanse das actividades de dinamización e visibilidade do programa Erasmus+, en especial do Servizo Voluntario Europeo.

'OS BOLECHAS NA MÁQUINA DO TEMPO' REMATA LOGO DE SETE MESES DE XIRA POR GALICIA

  • Marín, Moraña, Mos e Ponteareas son as catro derradeiras citas para gozar con este espectáculo dos Bolechas
  • ‘Contos en Rede’ continúa coa xira e levará as súas historias a Barro, Cabana de Bergantiños, Castrelo de Miño, Castro Caldelas e San Cristovo de Cea
  • 'FalaRedes 2015' é a cuarta edición do programa de dinamización lingüística que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lle concede á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia
 O espectáculo ‘Os Bolechas, na máquina do tempo’ que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, está a levar por toda Galicia dentro do Programa 'FalaRedes 2015' chega ao seu remate. 

Esta aventura, que comezou no mes de marzo en Ourense, acumulará á súa fin mañá domingo un total de 40 localidades visitadas dentro da Rede de Dinamización Lingüística. ‘Os Bolechas, na máquina do tempo” está programada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria –por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística- en entidades pertencentes á RDL da Xunta de Galicia, coa colaboración das deputacións provinciais da Coruña e Pontevedra en concellos da súa competencia territorial.

Esta derradeira fin de semana de xira, e logo da función en Noia, a listaxe de actuacións do sábado comezou en Mos (ás 12:00 horas, no Multiúsos As Pozas) e seguiu en Moraña (ás 18:00 horas, na Casa da Cultura A.D.R Castelao). Este domingo é a quenda de Marín (ás 13:00 horas, no Multiúsos Praza de Abastos) e de Ponteareas (ás 18:00 horas, no Auditorio Reveriano Soutullo). A entrada é, coma sempre no ‘FalaRedes’, libre e de balde ata completar a capacidade das salas. Aínda que os cativos, fieis seguidores dos Bolechas, son os destinatarios desta actividade, o espectáculo supón unha boa dose de entretemento e diversión en galego para toda a familia.

Braulio, Carlos, Loli, Pili, Sonia, Tatá –na compaña do fiel canciño Chispa- baten nesta ocasión cun obxecto creado por un científico do mais particular: o doutor Apolodoro. Ese aparello é a abraiante máquina do tempo, que fará que Carlos e Pili viaxen pola historia ata o futuro e se convirtan en adultos. Para regresaren á infancia seralles imprescindible a axúda do público presente.


Contos en Rede
‘Contos en Rede’ é a nova proposta de lecer do programa ‘FalaRedes’, a terceira deste ano 2015. Trátase dunha alternativa oral que pretende destacar a importancia da transmisión por medio da fala, a través das historias e dos contos na voz de Ana Carreira, Inacio Vilariño e Santi Prego.

Nesta terceira fin de semana de xira, este domingo, o ‘Contos en Rede’ chegará a: Cabana de Bergantiños (19:00 horas, no Centro de Recursos Íntegro, con Santi Prego), Castrelo de Miño (19:00 horas, no Salón de actos do Concello, con Ana Carreira) e Castro Caldelas (20:00 horas, no Salón Nobre do Concello, con Inacio Vilariño).

Destinada a público de calquera  idade, a actividade ‘Contos en Rede’ percorrerá un total de 30 entidades (27 municipios e 3 mancomunidades) ao longo dos meses de outubro e novembro. Son estes uns meses que se caracterizan polas xuntanzas a carón do lume para escoitarmos os contos que, de xeración en xeración, veñen transmitíndose en lingua galega. Contos novos e vellos, de intriga ou de humor, a través dos que se pretende acadar tres obxectivos fundamentais: incentivar o uso do galego oral como ferramenta de creación artística, incrementar a oferta de actividade cultural en lingua galega e máis espallar o traballo dos artistas que realizan as súas actividades na lingua propia de Galicia.

O calendario completo pódese consultar en www.lingua. gal e na Axenda da Cultura de Galicia.


'FalaRedes 2015'
A cuarta edición do programa de dinamización lingüística 'FalaRedes' mantén os obxectivos das anteriores de ofrecer propostas de lecer de calidade en galego para todas as idades e de promover, con elas, o uso e mais a valoración positiva da lingua propia de Galicia.

Desde o mes de marzo e ata finais de ano, as actividades do 'FalaRedes' están a percorrer os concellos da RDL, unha iniciativa impulsada polo Goberno galego para incidir na promoción do uso da lingua galega desde as administracións local e autonómica que conta con preto de 170 entidades adscritas. Nos tres primeiros anos de desenvolvemento do programa foron case 600 as actividades programadas no marco da RDL, todas elas, con grande acollida de participantes.


Máis información sobre ‘FalaRedes’ 2015 no apartado exclusivo dentro do web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://ir.gl/a416b6 e tamén nas redes sociais.

A XUNTA INVISTE CASE 400.000 EUROS EN AXUDAS A TRANSPORTISTAS POR ESTRADA

As subvencións concedidas permitirán ás entidades beneficiarias mellorar as capacidades dos seus asociados en eidos tan transcendentais como a seguridade viaria, a manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) as axudas concedidas a asociacións e federacións de transportistas por estrada, co fin de que leven a cabo cursos de formación para profesionais do sector.

Nesta resolución dáse conta do reparto dos case 400.000 euros cos que se dotou a convocatoria de axudas publicada no DOG do día 23 de xuño de 2015, indicando as 11 federacións ou asociacións de transportistas que foron adxudicatarias e os fondos que lles foron asignados. 

A través desta convocatoria de axudas dáselle pulo á formación dos profesionais do sector do transporte, tanto de mercadorías como de viaxeiros, mediante a colaboración da Dirección Xeral de Mobilidade coas entidades asociativas integradas no Comité Galego de Transportes por Estrada. 

As subvencións concedidas permitirán ás entidades beneficiarias mellorar as capacidades dos seus asociados en eidos tan transcendentais como a seguridade viaria, a manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial. 

Así mesmo, e como un eido especialmente destacado, tamén se inclúe a subvención de cursos para obter o Certificado de Aptitude Profesional (CAP), requisito imprescindible para os condutores que queiran operar no mercado profesional, de acordo coa normativa comunitaria e co Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo.

De acordo co sinalado na orde, unha vez rematada a tramitación das solicitudes recibidas, o reparto do orzamento dispoñible ficou como segue:

Asociación ou Federacións
Cantidade
Anetra
17.011,13 €
Fegatramer
111.745,50 €
Asetranspo
54.288,96 €
Galeval
2.287,70 €
Fegatrans
61.797,32 €
Fegatravi
32.174,49 €
Transgacar
26.865,85 €
Urbanos
9.180,14 €
Fetram
45.343,45 €
Fegataxi
29.471,59 €
Fegabus
8.128,87 €
TOTAL
398.295 €



ÁNGELES VÁZQUEZ DESTACA A IMPORTANCIA DO SECTOR DA HORTA COMO FONTE DE EMPREGO E ASENTAMENTO DE POBOACIÓN NO MEDIO RURAL

  • A conselleira do Medio Rural mantivo unha xuntanza coa directiva da Sociedade Cooperativa Horsal, situada no concello pontevedrés de Cambados
  • No futuro PDR haberá unha medida específica para o fomento das producións ecolóxicas que terá unha dotación de 12,68 millóns de euros
  • En Galicia hai 850 explotacións profesionais de horta baixo cuberta, con preto de 150 hectáreas de superficie de invernadoiros e existen arredor de 1.100 ha de superficie ao aire libre dedicadas ao cultivo comercial

 A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reiterou esta mañá en Cambados a importancia que ten o sector da horta en Galicia como fonte de emprego e asentamento de poboación no medio rural. Así o destacou no marco dunha xuntanza que mantivo cos directivos da Sociedade Cooperativa Horsal, antes de asistir ao seu Xantar Anual de Confraternización.

Ángeles Vázquez enxalzou o valor dos produtos da horta galega e a importancia do cooperativismo, así como a unión de esforzos entre Administración e produtores para afrontar os retos e necesidades dos consumidores. Así, insistiu en que este sector é vital para o desenvolvemento do rural e, mostra diso, é que se está a constituír como un interesante complemento á produción gandeira para algunhas cooperativas leiteiras.

A conselleira deu conta tamén das diferentes axudas a que poderán optar os hortofruticultores no marco do novo Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 e das liñas de traballo da Xunta para o fomento da agricultura ecolóxica. Cómpre destacar que, en relación con esta última, no futuro PDR haberá unha medida específica para o fomento deste tipo de producións que terá unha dotación de 12,68 millóns de euros, o que constitúe case o dobre das axudas que os produtores ecolóxicos recibiron a través das axudas agroambientais no período 2007-2013.  

A horta e as cooperativas galegas
En Galicia hai 850 explotacións profesionais de horta baixo cuberta, con preto de 150 hectáreas de superficie de invernadoiros e existen arredor de 1.100 ha de superficie ao aire libre dedicadas ao cultivo comercial, ás que compre engadir 600 máis de cultivo de faba e grelo. En xeral, os principais cultivos hortícolas en Galicia son a leituga, cunha produción anual aproximada de 3 millóns de exemplares/ano; o tomate, cunha produción duns 700.000 Kg/ano; o feixón verde, cuns 500.000 Kg/ano e os pementos, cuns 240.000 Kg/ano.

En relación ao sector, cabe destacar que está formado por unha ducia de cooperativas específicas de horta e algunha outra de leite que tenta diversificar a súa produción incorporando a comercialización dos produtos de horta. O conxunto das cooperativas abrangue preto de 650 socios e arredor de 175 hectáreas de cultivo. Existen tamén varias Sociedades Agrarias de Transformación (SATs) de horta e preto dun cento de pequenas asociacións de produtores localizadas en zonas especializadas nun determinado cultivo, por exemplo o grelo.

Horsal S.C.

Esta cooperativa fundouse no ano 1986 e dedícase á produción hortícola, facturando preto de 1,5 millóns de euros anuais. Na actualidade está formada por 150 socios que poñen en conxunto unha superficie aproximada de 25 hectáreas, tanto ao aire libre (10 ha) como en invernadoiros (15 ha). A produción anual é de 1,4 toneladas entre as súas principais producións: leituga, pementos e repolo. No ano 2009 foi recoñecida pola Consellería de Medio Rural como unha Organización de Produtores de Froitas e Hortalizas (OPFH) e inscrita no Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente como tal.