19/10/15

430 millones más para la Xunta que permitirán aumentar el gasto social

Avance
A XUNTA DISPORÁ EN 2016 DE 430 MILLÓNS DE EUROS MÁIS PARA ELEVAR INVESTIMENTOS, AUMENTAR GASTO SOCIAL E LEVAR A RECUPERACIÓN A TODOS OS FOGARES

§  Os Orzamentos medran un 4,3% e ascenden ata os 8.804 millóns de euros
§  A maior baixada fiscal da Autonomía terá un impacto de arredor de 140 millóns
§  O gasto non financeiro aumenta en 365 millóns, ao que se suman os 65 millóns de euros de aforro en xuros da débeda grazas á boa xestión
§  O Goberno galego revisa á alza o crecemento da economía galega para 2016, que será do 2,5%, mentres que a taxa de paro baixará case 2 puntos
§  Os investimentos medran un 14%, o gasto en sanidade e educación aumenta en case 200 millóns de euros, e os fondos para políticas de emprego crecen un 15%
§  No eido social, a Xunta destinará 324 millóns á Dependencia para incorporar 10.000 novos beneficiarios, e adica 20 millóns ao plan de loita contra a desigualdade
§  Os Orzamentos inclúen unha tarxeta familiar  de 100 euros mensuais por neno nado dende o 1 de xaneiro de 2016
§  A rebaixa do IRPF beneficiará ao 98,5% dos contribuíntes e permitirá un aforro de ata 380 euros por persoa
§  Os empregados públicos terán un incremento salarial do 1% e recuperarán o 50% restante da paga extra de 2012
§  As contas aprobadas hoxe polo Executivo galego garanten de novo a redución do déficit e o cumprimento do obxectivo de estabilidade para 2016, fixado no 0,3%