Adiós al escudo provincial : Deputación presenta nueva imagen, cambia colores, logo y tipografía

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PRESENTA A SÚA NOVA IMAXE "ACORDE CO ACTUAL GOBERNO PROVINCIAL"

A nova imaxe da Deputación de Pontevedra mostra unha institución moderna, transparente, próxima e colaboradora

Por vez primeira desenvolveron a imaxe corporativa da Deputación traballadoras da institución. Ó respecto, Carmela Silva quixo “poñer en valor o traballo dos servidores públicos e o enorme talento que hai aquí dentro”

Esta mañá, e próximos a cumprir os primeiros 100 días de goberno, a Presidenta e o Vicepresidente da Deputación de Pontevedra deron a coñecer a nova imaxe da institución provincial. Un proxecto que parte das ideas clave que o novo equipo de goberno da Deputación de Pontevedra quere transmitir: claridade, proximidade, modernidade, igualdade, transparencia, axilidade, legalidade, apertura, responsabilidade, potenciación da provincia, acorde co presente e na que os concellos son protagonistas. 
A nova imaxe da Deputación de Pontevedra transmite, pois, a nova forma de xestionar os recursos do novo goberno institucional, na que os 62 concellos da provincia son os protagonistas. Desta maneira, o novo logotipo mostra unha serie de puntos que representan os propios concellos da provincia de Pontevedra xunto a un diferenciado, aínda que só na cor, que simboliza a propia institución provincial. A equidade entre todos os puntos fai referencia ó novo modelo de xestión no que os concellos son os protagonistas e reciben trato igualitario por parte da Deputación de Pontevedra. O resultado é unha imaxe moderna e contemporánea, un símbolo no que todos os concellos, en igualdade de condicións, están representados.
Acto de presentación de la nueva imagen de Deputación
A Presidenta da Deputación de Pontevedra destacou que “esta nova imaxe é acorde co novo momento e manifesta unha nova forma de actuar, un novo modelo político de entender a administración provincial, na que buscamos construír unha institución máis próxima e colaboradora cos concellos: máxima que está presente na nova imaxe corporativa da institución. Polo tanto, o logotipo potencia a igualdade, a colaboración, a transparencia, a idea dunha administración que non quere estar por riba de ninguén senón ó lado dos concellos”.
A maiores, Carmela Silva destacou que esta é a primeira vez que as liñas creativas de imaxe e comunicación, que ata o de agora se externalizaban, son realizadas polos propios traballadores da Deputación de Pontevedra. En palabras da Presidenta, “neste caso foron catro mulleres, Rebeca, Anabel, Alejandra e Ana, con responsabilidades familiares, as que dedicaron moitísimas horas e cun enorme compromiso, máis alá do que lles esixe a súa actividade laboral, a crear esta nova imaxe corporativa da Deputación de Pontevedra”. 
Silva fixo fincapé en que “non quero poñer en valor que o custe fose cero para as arcas da Deputación, porque se fixo con recursos propios, senón o enorme talento que hai aquí dentro e que se ve reflectido neste logotipo. Todo o equipo de goberno sentímonos moi gratificados por poder poñer en valor ó servidores públicos porque, non teño ningunha dúbida, do público sempre sae o mellor”. Neste sentido, a Presidenta adiantou que, tamén con recursos propios, se está a traballar nunha nova web, que en breve será presentada, máis accesible, transparente e onde os concellos teñan protagonismo.
Para chegar a este novo identificador, segundo explicou o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, houbo un proceso de selección entre varias alternativas, todas elas elaboradas polo equipo propio da institución provincial no que participaron persoas con "sensibilidade polo deseño e interese" neste tipo de traballos. "Fuxiuse dunha imaxe clásica decimonónica anterior á que se estaba utilizando na actualidade, que reflectía unha grande dureza conceptual. Utilizábase un rombo xeométrico que mostraba unha cerrazón da institución en si mesma, unha institución forte que estaba por riba de tódalas demais edulcorada con cores similares ás do Concello de Pontevedra, non sabemos se de xeito premeditado ou non", explicou o vicepresidente. 

César Mosquera engadiu que co novo logo acadouse unha imaxe máis moderna, lexible, sinxela, e na que "a Deputación é un elemento máis dentro da provincia que colabora equitativamente cos concellos con seriedade e rigor, moi necesarios nos tempos que corren".