Cangas : ADICAM convoca su séptima gran marcha solidaria de O Morrazo

Este martes, día 13 de outubro, tivo lugar na Fundación Cangas Deporte (Casa da Xuventude de Cangas) a presentación da VII MARCHA SOLIDARIA “CAMIÑA CON ADICAM”.

O acto acudiron Xoán C. Chillón Iglesias (Presidente-Delegado da Fundación Cangas Deporte), Duli Lagoa (Vicepresidenta de ADICAM) e Olga Sotelo (Tesoureira de ADICAM).

O evento, que terá lugar este domingo, día 18 de outubro, partirá ás 09.45 h do Concello de Bueu, e 15 minutos máis tarde (10.00 h) dende o Concello de Moaña, tendo como punto final a Casa da Bola (11.45 h), situada no Concello de Cangas.

A marcha ten un carácter totalmente POPULAR, e estímase que contará cunha participación de máis de 1.000 persoas achegadas dende diferentes puntos da xeografía pontevedresa.

O acto está organizado por ADICAM (Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama), e conta coa colaboración da FUNDACIÓN CANGAS DEPORTE e os concellos de CANGAS, BUEU e MOAÑA.