14/10/15

Cangas : un millar de escolares acuden a la llamada de Ciudad Ciencia

UNHA DOSE DE CIENCIA PARA PRETO DUN MILLAR DE ESCOLARES DE CANGAS, DA MAN DE CIUDAD CIENCIA

O Concello de Cangas acolleu no día de onte unha nova actividade de Ciudad Ciencia, dirixida nesta ocasión ao alumnado de primaria dos centros de Cangas. Á cita, realizada desde a Concellaría de Educación do Concello, acudiron preto dun millar de estudantes que encheron o Auditorio municipal e que, da man dos científicos de Ciudad Ciencia, puideron coñecer “en persoa” as bacterias e os virus que se agochan na pel das súas mans ou na súa boca, representados por dous dos personaxes da obra teatral “Qué traballo tan curioso”.
Nesta obra, creada pola Unidade de Cultura Científica do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en Galicia, a súa protagonista, investigadora no escenario e divulgadora na vida real,  invita ao público infantil a que adiviñen cal é a súa profesión. Despois de amosarlles diferentes personaxes que habitualmente se asocian coa imaxe do/a científico/a, a nosa interlocutora failles ver aos nenos e nenas que a ciencia en realidade a desenvolven persoas normais que teñen en común a curiosidade e o interese  por coñecer e explicar o que lles rodea.
A obra remata cunha canción na que interactúan os/as participantes e na que se lles lembra que deben manter hábitos de hixiene saudables.
Ciudad Ciencias é un proxecto de divulgación científica posto en marcha polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Obra Social “la Caixa” en colaboración con máis 30 concellos de España, un deles o Concello de Cangas, o único dos seleccionados en Galicia. 
Con esta iniciativa procúrase achegar a ciencia e a tecnoloxía a cidadanía, ofrecendo de xeito periódico actividades nas que con diferentes formatos (exposicións, conferencias, obras teatrais, talleres) abórdanse temáticas moi diversas do eido científico (o universo, a agroecoloxía,  a alimentación ...) dirixidas a diferentes públicos: alumnado de primaria, de secundaria e publico e xeral.

Para máis información sobre as actividades de Ciudad Ciencia que se coordinan desde o Concello de Cangas o teléfono de contacto é o 986304650.