29/10/15

Deputación subvenciona 4 autobuses para asistir a la marcha contra la violencia de género

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SUBVENCIONA CATRO AUTOBUSES PARA ASISTIR GRATUITAMENTE Á MARCHA CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS 

Terá lugar o vindeiro 7 de novembro en Madrid

As persoas interesadas deben acudir ós seus concellos, ata o 3 de novembro, para inscribirse e reservar praza nos autobuses

A Deputación de Pontevedra está especialmente sensibilizada na loita contra a violencia machista sobre todo tras un dos veráns máis sanguentos para as mulleres. Por tal motivo, e debido á organización o vindeiro 7 de novembro dunha marcha en Madrid contra as violencias machistas, a institución provincial subvencionará catro autobuses para que todas as pontevedresas e pontevedreses interesados poidan participar.

Os catro autobuses gratuítos saíran de Vigo (6 de novembro ás 24 horas da Praza dos Cabalos), Pontevedra (6 de novembro ás 23:30 da Alameda), Vilagarcía de Arousa (6 de novembro ás 23:30 do aparcamento da zona TIR) e de Caldas – Ulla/Umia (6 de novembro ás 21:30 desde a estación de autobuses de Lalín, 22:00 desde a marquesiña de autobuses de Silleda, 22:30 xunto ó Concello da Estrada, 22:45 xunto ó semáforo de Cuntis e 23:00 desde as palmeiras de Caldas). As persoas interesadas en participar na marcha contra as violencias machistas do vindeiro 7 de novembro en Madrid deberán reservar a súa praza, ata o 3 de novembro, solicitando información nos seus respectivos concellos.

Desde feito, a Deputación de Pontevedra manifesta o seu apoio á Plataforma Feminista Galega, parte organizadora da marcha do 7 de novembro, xa que considera que as violencias machistas deben ser tratadas como cuestión de Estado, figurando no centro dos debates e axendas políticas. 


Neste sentido, cómpre destacar que o novo goberno institucional puxo en marcha, por vez primeira na Deputación de Pontevedra, "un servizo de igualdade, dende o que se promoverán políticas de sensibilización contra o sexismo nos diferentes eidos, impulsando a súa erradicación, evitando a segregación así como o acoso e estereotipos sexuais pero, sobre todo, loitando contra as violencias machistas", lembran desde o goberno provincial.