Finalmente : el Alondras ya suma de tres en tres... su acierto condena al Ribadumia

Texto y fotos de Sheila Lorenzo.

Disputábase a sétima xornada da terceira división entre dous equipos que chegaban con ganas de puntos, pero por intereses diferentes. O Alondras buscaba unha vitoria que o achegase a zona alta da táboa, mentres que o Ribadumia precisaba de tres puntos que lle permitisen saír dos postos de descenso.
Os primeiros 45 minutos foron puro reflexo das intencións dos dous conxuntos. Pois ambos saíron con ganas e a polo partido. Mostra diso foi un centro de Joni no minuto catro, dende a dereita, que colle efecto cara a porta e tivo que saír Manu Táboas. Tan só un minuto despois no outro área intentábao Fran Matos cun tiro que se lle marchou lambendo o traveseiro. Pero quizá os locais eran os mais entregados no ataque e chegou o primeiro gol, despois dun pase longo a Joni, que consigue bater por riba a un Manu Táboas que estaba lixeiramente adiantado. Poñía así Joni o 0-1 no minuto 11 de encontro. Dez minutos mais tarde puido ampliar diferenzas o conxunto de Jacobo Montes cun centro que pon Rubén Comesaña no área pequena, ao que non chegan, por pouco, de cabeza nin Joni nin Andrés. Pero o Ribadumia tamén o tiña que intentar e no minuto 25 foi Nando quen puxo a igualdade no marcador cun remate dende o pico do área ao segundo pau. A partir de aí volveuse a abrir o encontro, ata que no último suspiro do primeiro tempo, unha parede entre Berros e Joni na banda dereita, permitiulles poñer o balón no punto de penalti e Diego Diz non perdonou e puxo o 2-1 ao descanso.
No segundo tempo o Ribadumia saíu con ganas de poñer a igualdade no marcador e no 55 un centro de Agus envelenado fixo que se tivera que empregar Lorenzo. Catro minutos despois volvería a ser o porteiro local quen detivo un tiro de Hugo. Pola súa banda o Alondras amosábase cómodo no terreo de xogo e nas chegadas do Ribadumia, respondía con solvencia cunha gran defensa. Tivo Berros a oportunidade de sentenciar o encontro no minuto 60, pero trastabillouse no área pequena e permitiulle chegar a Táboas. Arrincou unha falta perigosa o Ribadumia no 79, case na frontal do área. Tomou a responsabilidade de tiro un desaparecido Changui, pero sen fortuna, marchoulle alta. Tan só dous minutos despois unha internada pola esquerda de Álex Gómez, ponlle o balón na testa a Andrés, no área pequena, que remata a perfección poñendo o 3-1 definitivo.
Con esta vitoria o Alondras é quinto, con doce puntos, mentres que o Ribadumia queda decimonoveno con 5. Na vindeira xornada o Alondras visita ao Barbadás, actual líder da terceira. Pola súa banda o Ribadumia recibe ao Noia.

FICHA TÉCNICA:
ALONDRAS CF: Lorenzo, Rubén Comesaña, Castilla, Agujetas, Fiuza, Berros (Abel, min 68), Joni, Leiro (Firi, min 86), Andrés, Diz e Champi (Álex Gómez, min 61).
CD RIBADUMIA: Manu Táboas, Hugo (Pablo Silva, min 79), Óscar Río, Miguel, Bugallo, Jon, Agus (Julio Rey, min 73), Fran Matos, Gabi (Paco, min 68), Changui e Nando.
GOLES: 1-0: Joni, min 11; 1-1: Nando, min 25; 2-1: Diego Diz, min 45; 3-1: Andrés, min 82.
ÁRBITRO: García Martín, auxiliado por Maldonado González e Mosquera Fuentes, do Colexio de Santiago. Amonestou con cartulina amarela a Leiro, Abel e Álex Gómez polo Alondras e a Hugo, Miguel e Bugallo polo Ribadumia.

CAMPO: Campo de O Morrazo ante uns 600 espectadores.