GAC 6 RÍA DE PONTEVEDRA PROSIGUE SUS ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN

O GAC 6 RÍA DE PONTEVEDRA ANIMA AOS CIDADÁNS A PARTICIPAR NOS PRÓXIMOS FOROS E TALLERES DE ELABORACIÓN DE ESTRATEXIAS
O Grupo de Acción Costeira da Ría de Pontevedra quere dar voz aos cidadáns para elaborar a súa estratexia, aproveitando as ideas e iniciativas. Así, tras o foro celebrado en Bueu no que se convidaron ás asociacións a participar, este mércores Portonovo acolle un foro local ás 20 horas na Confraría de Pescadores.
Ademais, o 19 de outubro, celébrase en Marín un taller participativo no Auditorio do Edificio de Operacións Portuarias do Porto ás 19.30 horas, e á mesma hora o 26 de outubro, Portonovo volve acoller un taller participativo.

O Grupo de Acción Costeira da Ría de Pontevedra anima a todos os cidadáns e cidadás a axudar na elaboración da estratexia de desenvolvemento, co achegamento de ideas e iniciativas mediante a participación nos talleres locais.