Jornadas de Educación para la Salud promovidas por el Concello de Cangas

BENESTAR PREPARA UNHAS XORNADAS DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

Diferentes actividades que ensinan á veciñanza a traballar sobre hábitos de vida saudables

A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do Concello de Cangas, a través dos departamentos de prevención, CIM e CMBS, organiza as XVI Xornadas de Educación para a Saúde que terán lugar os días 20,21,22,27,28 e 29 de outubro na sala de exposicións do Auditorio Municipal en horario de 19:00 a 21:00 horas.

Os obxectivos que perseguen as xornadas son crear un marco de debate e reflexión sobre temas de saúde, ofrecer recursos informativos para a adquisición de coñecementos en temas de saúde, fomentar a participación cidadá, favorecer a adquisición de hábitos favorables e respetuosos co medio ambiente e promover a igualdade na prevención.

Un total de seis obradoiros que parten da concepción de que a saúde é o grao de benestar físico, mental e social coas persoas e coa sociedade nun momento determinado. Tomás Hermelo, concelleiro de Benestar, salientou a necesidade de fomentar hábitos saudables nos diferentes ámbitos da vida. “Asociar a saúde co benestar” resumiu Alberto Casqueiro, psicólogo do Concello.

As xornadas están dirixidas a toda a veciñanza de forma gratuíta, podendo participar no número de obradoiros desexados, sendo precisa inscrición previa. Adxunto calendario coas actividades e pequena descrición.