La foto del día : el profesor Pazos escucha al personal

Neste mércores, o alcalde de Cangas, Xosé M. Pazos, mantivo unha reunión no Salón de Plenos con todo o persoal traballador do Concello para tratar diversos temas, tendo en conta que Pazos é tamén o concelleiro responsable da área de Persoal.

A reunión, convocada polo propio Alcalde ás 08:30 horas, tras ter estudada a situación actual do réxime interior do Concello durante estos tres meses, puntualizou as liñas a seguir nesta nova lexistatura, ademais de explicar a situación actual.

O persoal tivo tamén a oportunidade de expoñer as súas dúbidas ou pareceres. O alcalde reiterou a súa enteira disposición no seu despacho cando lles sexa preciso.