O DUELO DOS MONTES REMATA EN EMPATE > Os tantos de Joni e Hugo reparten os puntos para Alondras e Choco

Texto y fotos de Sheila Lorenzo


Disputábase a novena xornada da terceira división entre Alondras e Choco, un encontro que era mais ca un duelo futbolístico. Derbi da ría co aliciente de que Jacobo se enfrontaba ao seu ex equipo e que daba a posibilidade de ver a dous irmáns fronte a fronte nos banquillos. Medíanse cara a cara dous equipos que chegaban coa mente posta na vitoria para afianzarse na zona alta da táboa e continuar ambos coa boa xeira de resultados que estaban a colleitar nas derradeiras xornadas.
Os primeiros 45 minutos foron de claro dominio dos locais cun Alondras moi ben situado no campo e que xogaba o balón con comodidade. Pola contra o Choco a penas intimidaba a porta defendida por Lorenzo, salvo un tiro de Félix a pase de Hugo a pouco de comezar o encontro. Mentres o Alondras amosábase como un conxunto sólido con ganas de facer un bo fútbol e saír co balón xogado e perigosas chegadas.  Xa no minuto 5 de encontro un rexeite da defensa do Choco, tras un saque de esquina de Leiro sirve para que Mauro poña o balón ao fondo da rede poñendo o 1-0 no marcador.  A partir de aí o dominio do Alondras foi total dispoñendo de numerosas ocasións para tomar mais vantaxe no marcador. Tivo unha Rafita tras outro saque de córner de Leiro, que de cabeza márchaselle por pouco. No 32 tiveron os cangueses a mais clara para poñer o segundo cun tiro de falta directa de Leiro que pega na cruceta da portería de Cortegoso. Malia as ocasións o Alondras pecou de falta de puntería e tan só puido marchar ao vestiario vencendo por 1-0.

A segunda metade foi puro reflexo da anterior, pero a inversa. O Choco que ía por detrás no marcador volveu ao terreo de xogo con ganas de remontada e aproveitouse dun Alondras bastante desdibuxado. Os de Redondela eran os que tiñan o balón e os que levaban mais perigo e no minuto 55 Yago corre a banda dereita centra e aí estaba o pichichi da categoría, Hugo para poñer o empate. Por se fóra pouco ao Alondras facíaselle mais costa arriba aguantar o empurre do rival ao quedarse no 75 cun home menos tras a expulsión de Álex Gómez.  E aínda puido facer o segundo o Choco grazas as chegadas ao área que sempre levaban perigo ou a balón parado como nunha falta botada por Saúl que tivo que sacar Lorenzo. No treito final do encontro o Alondras a desesperada e con mais corazón que cabeza buscaba o gol da vitoria, sen embrago non se moveu marcador, rematando o encontro cun empate a uns.
Con este resultado o Alondras é sétimo, con catorce puntos, mentres que o Choco queda terceiro con 16. Na vindeira xornada o Alondras visita ao Silva. Pola súa banda o Choco recibe ao Noia.

FICHA TÉCNICA:
ALONDRAS CF: Lorenzo, Rubén Comesaña, Rafita, Fiuza, Agujetas, Álex Gómez,  Joni, Leiro, Andrés, Diz (Champi, min 66) e Mauro (Abel, min 76). 
CD CHOCO: Cortegoso, Yago, Saúl, Lucas, Carminati, Xose (Alberto, min 58), Comis, Fernando (Molinos, min 86), Óscar (Fernan, min 65), Hugo e Félix.
GOLES: 1-0: Mauro, min 5; 1-1: Hugo, min 55.
ÁRBITRO: Ventoso Noal, auxiliado por Botana Rey e Hernández Giadans do colexio de Santiago. Amonestou con cartulina amarela a Rafita, Agujetas e Leiro. Ademais expulsou a Álex Gómez con doble amarela polo Alondras. E a Fernando, Óscar, Félix e Molinos polo Choco.
CAMPO: Campo de O Morrazo ante uns 1000 espectadores.