¡Qué gran tempiño para adentrarnos en octubre...!

Hasta el miércoles (imagen) no se van las lluvias
DOMINGO : Un centro de baixas presións achégase a Galicia durante esta xornada, aportando nubes e precipitacións. Deste xeito, agárdanse ceos moi anubrados con chuvias xeneralizadas pola mañá, continuando de xeito persistente na metade sur pola tarde, sendo máis ocasionais no norte onde se poden abrir claros; xa pola noite producirase un novo empeoramento con chuvias que poden ser localmente fortes. As temperaturas mínimas experimentarán un notable ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios, con lixeiros ascensos na metade norte. Os ventos soprarán fortes de compoñente sur con intervalos moi fortes no litoral atlántico e zonas altas pola mañá. Co avance da xornada irán baixando de intensidade e pola noite serán frouxos.



LUNS : Na xornada do luns Galicia continuará baixo a influencia da intensa borrasca do Atlántico polo que a nota que marcará a xornada será de alta inestabilidade atmosférica. Deste xeito, agárdanse intervalos de ceos anubrados a moi anubrados con chuvascos, moderados, mesmo localmente fortes e treboentos. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, manténdose as máximas sen cambios, polo que apenas haberá oscilación térmica neste día. Os ventos soprarán do sur e do sudoeste, moderados a fortes en xeral e fortes con intervalos moi fortes no litoral atlántico e nas zonas altas.


MARTES : Durante a xornada do martes Galicia vai quedando nunha zona intermedia entre as borrasca do norte e o anticiclón oceánico. Deste xeito predominarán os ceos alternando nubes e claros con chuvascos ocasionais que irán remitindo xa cara a noite. As temperaturas descenderán tanto as mínimas como as máximas, de xeito máis acusado as mínimas. Os ventos soprarán de compoñente oeste frouxos a moderados, con intervalos fortes no litoral norte.


MÉRCORES : O mércores Galicia queda baixo influencia anticiclónica feble con tempo estable. Deste xeito predominarán a alternancia de nubes e claros, con néboas matinais en puntos do interior; xa pola tarde abriranse moitos claros no sur. As temperaturas descenderán moderadamente mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable rolando a compoñente norte pola tarde.


Información de METEOGALICIA