17/10/15

TIEMPO REVUELTO EL DOMINGO, DE TRANSICIÓN EL LUNES Y SOL EL MARTES

DOMINGO : Continuamos baixo a influencia dunha borrasca situada ó oeste de Lisboa. Con esta situación, predominarán os intervalos de ceos anubrados, con predominio das nubes de tipo medio e alto. Posibilidade de chuvias febles intermitentes, máis probable canto máis ó sur e pola noite. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos mentres que as máximas experimentarán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos, de compoñente leste en xeral.

LUNS : A xornada do luns será de transición cara a un reforzamento da influencia anticiclónica, aínda que a presenza da borrasca ó suroeste de Portugal fará que os ventos do nordés se intensifiquen sobre Galicia manténdose algunha inestabilidade. Deste xeito, agárdanse ceos alternando nubes e claros, con posibilidade dalgúns chuvascos máis probables no terzo norte e zonas altas. As temperaturas mínimas ascenderán mentres que as máximas descenderán na metade norte. Os ventos soprarán do nordés, moderados con intervalos fortes, mesmo moi fortes nos arredores de Fisterra.


MARTES : Na xornada do martes Galicia queda baixo influencia anticiclónica con réxime de ventos do nordés. Deste xeito predominarán os ceos pouco anubrados no sur e con máis nubes canto máis ao norte onde haberán posibilidade de chuvias intermitentes que serán máis persistentes na Mariña. As temperaturas descenderán, tanto as mínimas como as máximas. Os ventos soprarán de nordés, moderados no interior e fortes no litoral.


Datos de METEOGALICIA