12/10/15

Tribuna Libre : "unha folga necesaria, un cese imprescindible", manifiesto de CC.OO en la huelga sanitaria de martes y 13.

UNHA FOLGA NECESARIA; 
FELIX RUBIAL, XERENTE DE VIGO, UN CESE IMPRESCINDIBLE

                 O Martes día 13, as-os traballadoras-es dos hospitais de Vigo, están convocados a una FOLGA XERAL de 24 horas, desde ás 8 horas do día 13 ata ás 8 horas do día 14.
                  O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, decidiu convertir un proxecto de hospital público que iba ter custe de 450 millóns de € con intereses e a pagar en 15 anos en un hospital de xestión privada recortado en camas (de 1.465 pasa a 845), reducindo espazos, quirófanos, servizos e privatizando traballadores e determinados servizos como o aparcadoiro e convertindo o Álvaro Cunqueiro nun grande...centro comercial e elevando o custe en casi 1.000 millóns de €. É dicir menos hospital, mais privado, mais copagos e mais caro.
                   Para dirixir tan descalabro, puxeron o fronte do hospital a Felix Rubial, ata o momento, Director de asistencia sanitaria, ben relacionado co sector privado e o ideólogo do decreto de xestión clínica, creado para fragmentar primeiro e privatizar despois os sectores públicos mais rendibles económicamente. A folga de CCOO, CIG e CEMS-OMEGA o impediu. Felix Rubial foi o que trasladou 300.000  usuarios de Pontevedra e Vilagarcía que tiñan Vigo como referencia en Cirurxía Cardíaca, Torácica ... a Santiago. Prometeu que regresarían co novo hospital e que como era de prever, outra promesa  incumplida.

                    Felix Rubial, intentou calmar as protestas da cidadanía e traballadores ocultando a realidade do hospital e convetíndose nun "falabarato" e en todo caso non esixindo da concesionaria cumprir mellor cos doentes: dietas, parking, roupa, material e non cumprindo él no capítulo de ratios de persoal, formación e coñecemento, reclamacións no traslado e problemas diarios, etc.

                     A CCOO, parécenos ben, ainda que tarde o cese da conselleira Mosquera. Agora toca o turno de Rubial e abrir una mesa de diálogo do Presidente da Xunta cos sindicatos e demais forzas sociais. Vigo necesita un ACORDO POLA SAÚDE novo que de solución o ÁLVARO CUNQUEIRO,  e a toda a área sanitaria.

                      A Manifestación do 3 de Setembro, foi un grito forte, reivindicativo e solidario, para defender a sanidade de todas-os. Ás movilización teñen que servir para cambear o rumbo e o pernicioso modelo sanitario instadado en Vigo. Seguiremos loitan por un hospital público,sen copagos e coas camas previstas para atender os 560.000 habitantes desta área sanitaria.


Angel Cameselle
Secretario Xeral FSS -Galicia de CCOO