21/11/15

Carme Adán se presenta en Moaña como cabeza de lista de Nós

CARME ADÁN COMPROMÉTESE EN MOAÑA A LEVAR AO CONGRESO OS PROBLEMAS DA FROTA CEFALOPODEIRA

A cabeza de lista participou de Nós, nun acto en Moaña, c
oa alcaldesa e membros da candidatura como Miriam Rodríguez

No centro da foto : Carme Adán
A cabeza de lista de Nós Candidatura Galega por Pontevedra, Carme Adán, interviu esta mañá nun acto aberto en Moaña con membros da candidatura como Miriam Rodríguez e Collazo, e coa alcaldesa, Leticia Santos.

Adán aludiu aos problemas da frota cefalopodeira, de grande peso no Morrazo. Unha frota que "foi marxinada en 2012 do Acordo pesqueiro UE-Mauritania, e que sigue excluida dese caladoiro a pesar da renovación dos Acordos pesqueiros". Carme Adán criticou ao Goberno do PP por "ter abandonado á nosa frota cefalopodeira, e non ter pelexado pola defensa dos seus intereses en Bruxelas. O Goberno aceitou a exclusión da nosa frota de Mauritania e nada fixo nin está a facer para procurarlle caladoiros alternativos". 

Lembrou asemade o retraso no pagamentos das axudas aos cefalopodeiros, "até iso fixeron mal e houbo o BNG tivo que reclamarlles uha chea de veces no Congreso o pagamento das axudas á frota afectada". 
 
Carme Adán comprometeuse a levar os problemas da frota cefalopodeira ao Congreso na vindeira lexislatura. "Temos memoria, e non esquecemos a súa marxinación e discriminación. Teñen dereito a vivir da súa actividade, por iso continuaremos a demandar que poida pescar en Mauritania como fixeron tantos anos atrás".

Unha AP-9 libre de peaxes 

Ademáis, Carme Adán fixo mención á AP-9, coa ponte de Rande tan perto "desta comarca". Explicou o rexeitamento de PP e PSOE á demanda do BNG de gratuidade da AP-9,  "unha petición que levamos ao Congreso en varias ocasións nesta lexislatura, pero que sempre se atopou coa negativa de PP e de PSOE". Deixou claro que unha das primeiras iniciativas a trasladar ao Congreso será "a necesidade de que os galegos e galegas circulemos por unha autoestrada gratuita e libre de peaxes. Hai que rematar coa explotación privada da AP-9 porque está xa sufientemente amortizada. É un roubo que sigamos pagando costosísimos peaxes".

Ademáis, enfatizou que "nin siquera temos dereito a un programa de descontos na AP-9 como si se fai noutras autoestradas do estado. Nin eso foi capaz de facer o Ministerio de Fomento, a Señora Ana Pastor. A mesma  que tampouco impuxo sancións á Audasa polos enormes atascos diante das cabina de pago. Nada fixeron, e a AP-9 segue a ser unha asignatura pendente, unha das nosas principais reivindicacións". 

No acto tamén interviu a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, e membros da candidatura como Miriam Rodríguez que falou da estafa das preferentes.