15/11/15

Frenazo en seco del Alondras aunque el sueño de la promoción de ascenso siga sin ser un imposible

Texto y fotos de Sheila Lorenzo.



ORDES CORTA A XEIRA DUN ALONDRAS 
AO QUE LLE TREMEU O PULSO
Un gol de penalti do Ordes castiga ao Alondras
Na décimo terceira xornada da terceira división enfrontábanse dous conxuntos en busca da vitoria, pero con necesidades diferentes. O Alondras precisaba sumar tres puntos que lle deran a posibilidade de meterse nos postos de promoción de ascenso por primeira vez na tempada, mentres que o Ordes buscaba un resultado que lle permitise saír dos postos de descenso. 
Nada mais saltar ao terreo de xogo viuse a un Ordes con ganas de sorprender aos locais e a piques estiveron de facelo cun disparo no minuto 5 que atallou Lorenzo. O Alondras quizá estaba confiado neses primeiros compases do encontro e iso nunha categoría como esta págase caro. No minuto 15 Agujetas perde un balón ante Nacho que se mete no área e Berros agárrano e derríbano. O colexiado non o dubida e sinala penalti que transformaría Cabrejo. Tan só uns minutos mais tarde Marcos gañoulle as costas a Leiro e a piques estivo de volver sorprender aos locais. O Ordes amosouse moi ben situado no terreo de xogo e grazas a ese gol temperán foi capaz de romper o xogo dun Alondras que non foi quen de reaccionar antes do descanso.
No segundo período o Alondras saíu mais volcado ao ataque, pero atopouse cun Ordes que levou o encontro ao seu terreo e que só tiña que defender o resultado e metido atrás, impedía calquera mínima opción de perigo dos locais. E non sería por falta de ocasións dos de Jacobo Montes, pois no 67, tras unha boa penetración de Diz, Mauro colle o balón no área pequena, tira, pero sácana Mario case en liña de gol. Ou unha clara ocasión de gol que tivo nas súas botas Casti que chega en carreira pola banda dereita dispara e desvíana a córner outra vez o porteiro. Tivo outra o Alondras no 80, tras un bo saque de esquina de Leiro ao segundo pau, pero non chega ninguén a rematar. O Alondras intentábao, case a desesperada, pero sen acerto de cara á portería e non foi capaz, nin sequera, de poñer as táboas no marcador, cortando así a xeira de nove xornadas sen perder.
Con este resultado o Alondras perde a oportunidade de meterse nos postos de ascenso e queda sexto con 21 puntos e a vindeira xornada medirase co recen ascendido Verín. Pola súa banda o Ordes con 13 puntos é décimo cuarto e na seguinte xornada recibe ao Noia.

FICHA TÉCNICA:
ALONDRAS CF: Lorenzo, Castilla, Rubén Comesaña (Firi, min 83), Fiuza, Agujetas, Berros (Diz, min 61), Joni, Leiro, Benja, Álex e Mauro.
ORDES SD: Mario, Puyi, Ralph, David, Cabrejo, Cea, Marcos (Javier, min 82), Julián (César, min 88), Nacho, Ángel e Álvaro (Luis, min 63).
GOLES: 0-1: min 15, Cabrejo.
ÁRBITRO: González Franco, auxiliado por Rodríguez Dopico e Santos González, do Colexio de A Coruña. Amonestou con cartulina amarela a Agujetas, Berros, Joni e Leiro polo Alondras. Amonestou tamén con cartón amarelo e despois vermello directo a Rubén Comesaña cando xa estaba no banco. E polo Ordes a Puyi, Cabrejo, Luis e Javier.
CAMPO: Campo de O Morrazo ante uns 600 espectadores.

INCIDENCIAS: Gardouse un minuto de silencio na memoria de tódalas vítimas do atentado terrorista de Francia do pasado venres.