La Xunta autoriza el Bus Cangas-Moaña-Nuevo Hospital

Esta ampliación de servizos de transporte público entrará en funcionamento a comezos do vindeiro mes

A XUNTA AUTORIZA A POSTA EN MARCHA DUNHA LIÑA DE AUTOBÚS DENDE OS CONCELLOS DE CANGAS E MOAÑA AO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO 

  • A Dirección Xeral de Mobilidade vén de autorizar a ampliación de tráficos da empresa Transportes La Unión, que presta servizos dende Cangas e Moaña a Vigo, aumentando o seu percorrido dende Bouzas ao hospital
  • Trátase de tres servizos de luns a venres laborables que pasan por Cangas ás 08:35, 09:15 e 16:00 cara ao hospital e volven a Moaña e Cangas ás 11:45,  13:00 e 20:15

A Xunta autoriza a posta en marcha dunha liña de autobús dende os concellos de Cangas e Moaña ao novo hospital de Vigo. Esta ampliación de servizos de transporte público entrará en funcionamento a comezos do vindeiro mes.

O Goberno galego, no marco da oferta de liñas de transporte ao novo complexo hospitalario de Vigo, vén de autorizar a ampliación de tráficos da empresa Transportes La Unión, que presta servizos dende Cangas e Moaña a Vigo. Neste sentido, increméntase o seu percorrido, dende Bouzas ao hospital.

Trátase de tres servizos de luns a venres laborables que pasan por Cangas ás 08:35, 09:15 e 16:00 cara ao hospital e volven a Moaña e Cangas ás 11:45, 13:00 e 20:15 horas.

Estas liñas súmanse ás xa autorizadas en xullo e setembro e en servizo directo a 20 concellos ademais de Vigo, co que o novo hospital contará con transporte dende 23 concellos coa posta en marcha desta nova liña.


A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, mediante estas accións, pretende mellorar a calidade de vida dos cidadáns, neste caso dos veciños de Cangas e Moaña, dotándoos duns servizos axeitados que faciliten a súa mobilidade.