La Xunta pone 18 millones sobre la mesa para construir el segundo tramo de la Autovía do Morrazo

FEIJÓO AVANZA UN INVESTIMENTO DE 18M PARA A CONVERSIÓN EN AUTOVÍA DO SEGUNDO TREITO DO CORREDOR DO MORRAZO, A INFRAESTRUTURA VIARIA Á QUE MÁIS FONDOS DESTINAN OS ORZAMENTOS PARA 2016
  • Afirma que esta partida permitirá que estean en plena execución as obras do treito I, o inicio das obras do treito II e o avance no treito III 
  • Explica que este segundo treito do Corredor do Morrazo sobre o que se actuará será o que une Domaio e Meira, cunha lonxitude total de algo máis de catro quilómetros e no que se actuará para duplicar a calzada actual, así como para remodelar os enlaces de ambas vilas
  • Di que tamén se prevé o deseño dunha nova área de servizo de Meira, a duplicación do viaduto da Mó e a ampliación de dous pasos inferiores e un superior
  • Indica que estas actuacións dan continuidade aos traballos xa iniciados no mes de outubro para a conversión en autovía do Corredor do Morrazo, no primeiro treito entre o enlace de Rande e de Domaio 
  • Sinala que, con esta actuación, segue adiante o compromiso que da Xunta cos veciños do Morrazo, que precisan unha autovía libre de peaxe e que resolva os problemas de capacidade do corredor actual, xa que por esta vía circulan 15.000 vehículos cada día, unha cifra que pode incrementarse ata 20.000 no verán
Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe o investimento de 18 millóns de euros para a conversión en autovía do segundo treito do Corredor do Morrazo, a infraestrutura viaria á que máis fondos destinan os Orzamentos para 2016.
Con respecto a isto, Feijóo matizou que esta partida permitirá que estean en plena execución as obras do treito I, o inicio das obras do treito II e o avance no treito III.  Como sinalou, trátase de darlle novo pulo ao desdobramento do Corredor do Morrazo, unha das principais infraestruturas viarias proxectadas o próximo ano. 
Segundo lembrou o presidente da Xunta, en materia de estradas, o Goberno galego ten o compromiso de acadar, ao final desta lexislatura, que a rede de altas prestacións sexa un 66% máis extensa que a que existía en 2009 para maior comodidade, e sobre todo para maior seguridade, dos cidadáns. Deste xeito, en 2016, catro de cada cinco galegos atoparanse a menos de 15 minutos dunha delas. 

Con respecto a isto, o mandatario galego indicou que, despois de terse rematado a Autovía do Cantábrico, ten una importancia fundamental o desenvolvemento por parte do Goberno de infraestruturas como a ampliación da AP-9, os tramos que faltan da Autovía Santiago – Lugo e a circunvalación de Pontevedra. Con todo, neste obxectivo a Xunta tamén cobra un papel importante e a Consellería de Infraestruturas, que contará con case un 8% máis de recursos en 2016, centrarase en infraestruturas como a Autovía da Costa da Morte e a Autovía do Morrazo, á que hoxe se lle dá pulo. 
As actuacións que se realizarán no treito
O presidente da Xunta sinalou que este segundo treito do Corredor do Morrazo sobre o que se actuará será o que une Domaio e Meira, cunha lonxitude total de algo máis de catro quilómetros e no que se actuará para duplicar a calzada actual, así como para remodelar dos enlaces de Domaio e Meira. Tamén se prevé o deseño dunha nova área de servizo de Meira, a duplicación do viaduto da Mó e a ampliación de dous pasos inferiores e un superior.
Como indicou Feijóo, estas actuacións dan continuidade aos traballos xa iniciados no mes de outubro para a conversión en autovía do Corredor do Morrazo, no primeiro treito entre o enlace de Rande e de Domaio. Este primeiro tramo supón a intervención ao longo de 3,2 quilómetros, cun prazo de execución de 24 meses, e cun investimento próximo aos 20 millóns de euros. 
Tal e como asegurou, o investimento que se autorizou hoxe no Consello da Xunta permitirá seguir adiante cun compromiso que o Goberno galego tiña adquirido con todos os veciños da comarca do Morrazo, que precisan unha autovía libre de peaxe e que resolva os problemas de capacidade do corredor actual, xa que por esta vía circulan 15.000 vehículos cada día, unha cifra que pode incrementarse ata 20.000 no verán.