Sábado con nieve a partir de los 1.000 metros... en Galicia

Logo do paso dunha fronte na xornada de onte, a nota dominante do sábado será a inestabilidade atmosférica. Deste xeito teremos os ceos parcialmente anubrados con chuvascos, máis frecuentes canto máis ó norte e ocasionais no sur. A cota de neve irá baixando durante o día, polo que os chuvascos serán de neve por riba dos 1200 metros pola tarde e dos 1000 metros xa na noite e madrugada do domingo. As temperaturas irán descendendo co avance do día, con sensación de frío pola tarde. Os ventos soprarán moderados do noroeste, con intevalos fortes no litoral e zonas altas do interior. (MeteoGalicia)