6 de enero : 4 apuntes de interés sobre la actualidad de Galicia















A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN DESTINA MEDIO CENTO DE PROFESORES AOS CENTROS DE EDUCACIÓN PARA ADULTOS DOS 5 CENTROS PENITENCIARIOS DE GALICIA
Un total de 874 estudantes estaban matriculados o pasado mes de decembro
Os centros ofertan ensinanzas básicas, de ESO para adultos, de Bacharelato, alfabetización, linguas e mesmo de FP


O PLAN RENOVE DE LOUSA, GRANITO E TELLA IMPULSA 260 PROXECTOS QUE MOBILIZAN MÁIS DE 5 MILLÓNS NA MELLORA ENERXÉTICA DAS VIVENDAS GALEGAS
A resolución, que vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia, ten beneficiado a propietarios e comunidades de veciños facilitando a renovación de cubertas con lousa e tella, e a rehabilitación con granito ou lousa das fachadas de edificios
As actuacións intégranse non Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética nas Vivendas, posto en marcha o ano pasado para beneficiar a 3.000 fogares galegos
Os proxectos diminúen o gasto enerxético nas construcións, co conseguinte aforro económico, ao tempo que se impulsa a dinamización dos sectores implicados e da construción 
O programa, que ten en marcha unha nova convocatoria, se enmarca nas actuacións desenvolvidas nos últimos anos para o impulso destes sectores, con máis de 10 millóns para a mellora competitiva, a innovación e o incremento da seguridade 


A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN CONVOCA AS AXUDAS PARA O FOMENTO DO USO DO GALEGO EN CENTROS PÚBLICOS 
O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado día 30 de decembro a convocatoria dirixida aos colexios e institutos de titularidade pública 
O prazo de presentación dos proxectos, elaborados polos equipos de dinamización da lingua, remata o día 30 de xaneiro 
O departamento dirixido por Román Rodríguez mantén para este ano as axudas coas mesmas contías orzamentarias de 2014/15


MEDIO RURAL LICITA O DESEÑO E MONTAXE DE POSTOS NAS FEIRAS “GOURMETS” E “ALIMENTARIA
O Diario Oficial de Galicia publica a correspondente resolución, cun orzamento total de licitación de 311.800 euro
O prazo de presentación das ofertas para concorrer a esta licitación empezará día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, e finalizará aos quince días naturais