A confianza dos hogares galegos aumentou máis de 5 puntos no último ano


  • Melloran as perspectivas das familias galegas sobre a situación financeira persoal e sobre a situación económica en Galicia 
  • Ademais, o indicador que analiza as perspectivas sobre a evolución do desemprego mellora en 12,6 puntos respecto ao 4º trimestre de 2014
  • Segundo o IGE, a porcentaxe de fogares que chega con dificultades a fin de mes reduciuse en máis de dous puntos

 A confianza dos fogares galegos medrou no último ano 5,2 puntos debido ás mellores perspectivas da situación económica, da situación financeira persoal e da evolución do emprego, segundo reflicte a Enquisa Conxuntural a Fogares que publica hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Este indicador, de carácter trimestral, mide as perspectivas dos consumidores e dos fogares respecto das súas expectativas de gasto e aforro, así como a percepción sobre a súa situación financeira persoal e sobre a situación económica de Galicia. 

Na enquisa ponse de manifesto que as perspectivas sobre a evolución do desemprego e sobre as perspectivas de evolución da economía galega evolucionan de forma positiva, xa que no cuarto trimestre melloran en 12,6 e 8,2 puntos, respectivamente, respecto ao mesmo trimestre do ano anterior.

De igual forma, tamén mellora a opinión dos fogares galegos sobre a situación financeira persoal, que medra nun punto con respecto ao cuarto trimestre de 2014, mentres que diminúe nun punto o indicador sobre a capacidade futura de aforro.

Situación dos fogares
O organismo estatístico da Administración autonómica tamén analiza na Enquisa Coxuntural a Fogares a situación económica dos fogares da Comunidade galega ao longo dos últimos tres meses. 

Os datos correspondentes ao cuarto trimestre do 2015 sinalan que o número de fogares que declara chegar con algún tipo de dificultade a fin de mes reduciuse en máis de dous puntos en comparación co mesmo período do ano 2014, e en 1,5 puntos en relación ao terceiro trimestre.




ICC
Situación financeira persoal (perspectivas de evolución)
Capacidade futura de aforro
Situación económica en Galicia (perspectivas de evolución)
Desemprego (perspectivas de evolución)
2012/I
-29,04
-13,69
-28,17
-33,05
-41,24
2012/II
-32,93
-17,12
-32,44
-35,94
-46,20
2012/III
-40,83
-23,00
-31,24
-51,17
-57,92
2012/IV
-41,45
-26,18
-41,93
-46,28
-51,42
2013/I
-43,26
-27,34
-40,12
-51,12
-54,46
2013/II
-36,38
-19,68
-28,89
-47,19
-49,77
2013/III
-28,07
-11,55
-25,06
-40,00
-35,65
2013/IV
-29,80
-11,69
-32,74
-34,82
-39,95
2014/I
-25,29
-14,48
-31,56
-28,05
-27,08
2014/II
-15,90
-9,33
-22,59
-15,97
-15,73
2014/III
-17,16
-13,40
-26,30
-15,32
-13,64
2014/IV
-17,00
-5,45
-35,86
-10,03
-16,68
2015/I
-9,94
-5,53
-32,32
-0,38
-1,52
2015/II
-11,88
-3,17
-37,55
-3,58
-3,23
2015/III
-8,69
-2,84
-32,90
1,76
-0,78
2015/IV
-11,81
-4,44
-36,89
-1,87
-4,06