Camilo Camaño : carta de agradecimiento en un sábado de homenaje merecido al jubilado -y al gran artista... que lo continuará siendo hasta la muerte-

Grazas por me ter atendido e aturado durante tan longa andaina e divulgar as actividades que vin realizando no desenvolvemento da que foi miña actividade dende o 1979 ata o 3 de xaneiro do ano que andamos, data na que por razón de idade, pasei ao estado de xubilación. Hoxe a vinte días do paso á esa situación, as e os compañeiros e compañeiras desta dilatada viaxe, decidiron me honrar cunha xuntanza de despedida e un xantar nuha casa de turismo rural no perao de Aldán, na que lembrarei mais unha vez, a todos e todas, que contribuístedes a facer realidade a devandita andaina e, que a información chegase ao maior setor da poboación interesada pola arte, polo patrimonio material ou inmaterial e, en definitiva, pola cultura en xeral.
Por iso, grazas a vos e aos medios aos que representades.
Por e para sempre a ovoso dispor.
Camilo Camaño Xestido

e agora grazas

dando unha ollada ao pasado, decátome da distancia do percorrido realizado, ateigado de sufrimento e loita, de activismo e resistencia, tamén de satisfacción, de ledicia, da crenza de ter contribuído ao melloramento social por medio da cultura en xeral e, da arte en calquera das súas manifestacións en particular. acaso deu chegado o tempo de reflexión, o momento de facer reconto e valorar o positivo e negativo desta andaina, por se fose mester corrixir nalgunha medida calquera dos pasos realizados. momento de reflexión e de agradecemento ás persoas que co seu apoio ou simple presenza, serviron de estímulo para acadar obxectivos aparentemente imposibles e insospeitados, tanto dende a amizade e complicidade, como inimizade e desprezo, por fortuna insignificante. Conclúe unha etapa dilatada e intensa, mais a loita continua, o proxecto de vida non remata coa xubilación laboral ou mesmamente da propia existencia, do derradeiro esforzo en chegar ao cumio, senón que continúa co imperecedoiro testemuño do feito, do maior ou menor legado entregado á humanidade. sen dúbida que niso tivo vital importancia a natureza, a contorna, así como a familia,  tamén e singularmente esa grande familia da que formades parte amigos e amigas, compañeiros e compañeiras. por todo o recibido de vos, grazas.
y ahora gracias
dando un vistazo al pasado, me doy cuenta de la distancia del recorrido realizado, lleno de sufrimiento y lucha, de activismo y resistencia, también de satisfacción, de alegría, de creer haber contribuido al mejoramiento social por medio de la cultura en general y, del arte en cualquiera de sus manifestaciones en particular. tal vez llegase el tiempo de reflexión, el momento de hacer recuento y valorar lo positivo y negativo de este trayecto, por si fuese preciso corregir en alguna medida cualquiera de los pasos realizados. momento de reflexión y  de agradecimiento a las personas que con su apoyo o simple presencia, sirvieron de estímulo para alcanzar objetivos aparentemente imposibles e insospechados, tanto desde la amistad y complicidad, como enemistad y desprecio, por fortuna insignificante. Concluye una etapa dilatada e intensa, pero la lucha continua, el proyecto de vida no termina con la jubilación laboral o mismo de la propia existencia, del definitivo esfuerzo en llegar a la cumbre, sino que continúa con el inmortal testimonio del hecho, del mayor o menor legado entregado a la humanidad. sin duda que en ello tuvo vital importancia la naturaleza, el entorno, así como la familia, también y singularmente esa gran familia de la que formáis parte amigos y amigas, compañeros y compañeras. por todo lo recibido de vosotros y vosotras, gracias.

camilo camaño xestido  / xaneiro de 2016