Cónclave en la plaza de la Estrella abre cauces para el entendimiento y una voluntad de consenso sobre el Área Metropolitana

A XUNTA DESTACA OS IMPORTANTES AVANCES LOGRADOS PARA ACADAR UN CONSENSO NA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO  

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo ante unha reunión cos 14 alcaldes dos concellos que forman parte da área metropolitana de Vigo para abordar a modificación da actual normativa en vigor, tras a cal destacou os “importantes avances” obtidos e amosouse optimista de cara a lograr un consenso que permita a reforma. 

A reunión, na que tamén estiveron o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López- Chaves, e o director xeral de Administración Local, Alberto Pazos, tivo lugar no edificio da delegación da Xunta en Vigo e prolongouse por máis de tres horas. “Non hai ningunha dificultade insalvable”, manifestou Rueda en declaracións aos medios ao termo do encontro, nas que amosou a súa satisfacción polo resultado do cónclave, que definiu como “moi necesario” e “frutífero”.

“O fundamental é arrancar con 14”, explicou o vicepresidente da Xunta, que explicou que existe consenso en que é preciso arrancar con ese número, o contemplado na lei actual, para despois afrontar incorporacións de outros municipios cando a nova lei xa estea en vigor e a área en marcha. 

No caso da gobernanza, tamén se produciron avances e a Xunta presentou a súa propia proposta para buscar un modelo equilibrado. Agora deberán ser os concellos que integran a área metropolitana e que participan no seu goberno os que deban chegar a un acordo sobre esta cuestión “no prazo máis ou menos rápido”, en palabras de Rueda.

Competencias
Así mesmo, o conselleiro de Presidencia tamén indicou que outro asunto que está pendente de pechar definitivamente é o do financiamento das competencias. Nesa liña, outro dos acordos que se produciu foi o de que debe contemplarse na lei que a Deputación de Pontevedra tamén transfira competencias a área, tal e como fan outras administracións. 

Precisamente ao respecto das competencias, outra da cuestión nas que aínda non hai acordo é a do transporte metropolitano, xa que os concellos manteñen posturas diversas. En todo caso, hoxe decidiron manter novas reunións, de carácter específico e con técnicos da Xunta e dos concellos, para abordar esta cuestión e definir como se debe xestionar o transporte dende a área metropolitana. Unha cuestión non menor que o vicepresidente definiu como “unha competencia medular” da área. 


Rueda y Caballero estrechan sus manos