Deputación, a través del CPAE 2.0, vuelve a programar interesantes cursos de apoyo a autónomos y pymes

A Deputación de Pontevedra, a través do  CPAE 2.0, rede de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías,  presta un servizo de información a autónomos e pemes da provincia de Pontevedra e oferta unha serie de actuacións para potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación dos procesos produtivos e servizos, facilitar a implantación do comercio electrónico e crear un novo canle de venda online de produtos e servizos.

Para acadar os seus obxectivos, o CPAE 2.0 oferta ós seus destinatarios, é dicir, a un colectivo integrado por 64.000 autónomos e pemes da provincia de Pontevedra que constitúe o 92% do tecido empresarial da mesma, unha serie de eventos informativos nos seus seis centros en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.


En concreto, a Deputación organiza vinte obradoiros sobre novas tecnoloxías para este mes de xaneiro. Así, se impartirá un curso titulado “Elixe a túa plataforma de comercio electrónico” (en O Porriño o 8 de xaneiro, Cambados o 9, Ponteareas o 13, Lalín o 18,Vigo o 22 e Pontevedra o 27 de xaneiro), “Desenvolve a túa propia estratexia de e-mail marketing” (en Cambados o 12 de xaneiro), “Aplicacións da tecnoloxía dron para o sector vitivinícola e forestal” (en Cambados o 13 de xaneiro e Lalín o 28), “Vende os teus produtos de alimentación sen intermediarios” (en Cambados o 19 de xaneiro, Lalín o 26 e Ponteareas o 25 de xaneiro), “Imos chamar á porta dos teus clientes, posicionamento SEO” (en Cambados o 21 de xaneiro), “Edición de fotografía para plataformas e-commerce (Amazon, Ebay e Etsy) (en O Porriño o 11 de xaneiro, Lalín o 13, Vigo o 19, Pontevedra o 21, Cambados o 25 e Ponteareas o 29 de xaneiro), “Google Analytics: Interpretación dos datos e toma de decisións” (en Cambados o 27 de xaneiro), “Comercio electrónico para PEMES (prestashop)” (en Lalín o 7 de xaneiro), “As últimas aplicacións para o sector agrario e gandeiro” (en Lalín o 11 de xaneiro), “Facebook Ads” (en Ponteareas o 7 de xaneiro, Lalín o 23 e Vigo o 25 de xaneiro), “Cómo mellorar a percepción dos teus clientes cós teus emails” (en O Porriño o 16 de xaneiro), “Google Analytics: Iniciación á analitica web” (en Vigo o 8 de xaneiro, Ponteareas o 18 e O Porriño o 19 de xaneiro), “Seguridade da información: protexe o teu smartphone” (en Pontevedra o 15 de xaneiro, O Porriño o 21 e en Vigo o 27 de xaneiro), “Unifica a xestión das túas redes con hootsuite e outras ferramentas” (en O Porriño o 26 de xaneiro), “Cómo facer unha exitosa campaña de publicidade en Google, Google adwords” (en O Porriño o 29 de xaneiro), “A túa páxina web en menos de 90 minutos” (en Vigo o 13 de xaneiro e Ponteareas o 14), “A túa información sempre a man, almacenamento na nube” (Ponteareas o 23 de xaneiro e Pontevedra o 26), “Rentabiliza o teu perfil profesional aumentando seguidores” (9 de xaneiro en Pontevedra e 16 en Vigo), “Como empregar Google e Google Apps for Business” (12 de xaneiro en Pontevedra) e “Bótalle partido á túa conta de Gmail” (22 de xaneiro en Pontevedra).