El alcalde de As Neves, otro que firma en blanco en el proyecto de Area Metropolitana que quiere Caballero

Abel Caballero recibiu este luns ao seu homólogo de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, quen lle manifestou a súa vontade de formar parte da Área Metropolitana, logo da decisión tomada no Pleno do Concello, e amosou o seu "acordo total" co borrador defendido por Vigo no que se contempla a constitución con 14 municipios e a ampliación posterior, como primeira decisión do ente supramunicipal, ata os 21 concellos que teñen solicitado integrarse nel. 

Segundo explicou o rexedor vigués, coa incorporación de As Neves xa son 15 os municipios que concordan co texto (As Neves, Moaña, Cangas, Tomiño, Mondariz, Ponteareas, Salceda de Caselas, Tui, Gondomar, Nigrán, Porriño, A Guarda, Vilaboa, Fornelos), que están de acordo coa forma de desenvolver a Área Metropolitana e coa necesidade de que se poña en marcha canto antes; concellos que "gobernamos 480.000 habitantes e que representamos a heteroxeneidade e diversidade da política" xa que pertencen a diferentes grupos políticos; "os únicos que non están de acordo son os concellos nos que goberna o Partido Popular porque teñen unha directriz directa de Feijóo, que son Redondela, Mos, Soutomaior, Baiona, Salvaterra e Pazos de Borbén". Segundo Caballero, "Feijóo non quere a Área Metropolitana e vai facer todo o posible para que non haxa Área en Vigo" engadindo que pese a isto "a Área xa é irreversible". 


Así mesmo, o alcalde vigués adiantou que está mantendo contactos para fixar unha posible reunión a próxima semana á que estarán convocados 15 concellos para escenificar este acordo do 86,5% da Área Metropolitana.