2/1/16

Galicia, 2 de enero de 2016 : esto sucede

A XUNTA CONXELA AS TARIFAS DAS PEAXES NAS AUTOESTRADAS A CORUÑA-CARBALLO (AG-55) E DO VAL MIÑOR (AG-57) E REDÚCEAS ATA UN 3% NALGÚNS TREITOS NO ANO 2016
As peaxes das autoestradas autonómicas non subirán por terceiro ano consecutivo, o que garante que a AG-55 e a AG-57 seguirán estando entre as máis baratas de España
  • O Consello da Xunta autorizou recentemente a habilitación dun crédito de 2,3 millóns de euros para renovar as bonificacións existentes ata o 2019
  • Estas axudas posibilitan rebaixar para os días hábiles un 25% o importe da viaxe de volta dun traxecto de ida e volta; e o 50% no segundo e posteriores viaxes de volta en ambas as dúas autoestradas, cando o usuario empregue a telepeaxe


A XUNTA CONTINÚA NO 2016 CA RACIONALIZACIÓN ENERXÉTICA NOS EDIFICIOS XUDICIAIS DA COMUNIDADE

  • Instalarase unha caldeira de biomasa no edificio da delegación da Xunta de Galicia na Coruña, no edificio xudicial de Santiago e no edificio xudicial de Vigo
  • O uso da biomasa contribúe ao fortalecemento do sector industrial galego, xerando emprego e previndo os incendios forestais
  • Ademais, instalaranse elementos de climatización no edificio xudicial de Santiago 


A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN AMPLÍA O PORTAL WEB DA LITERATURA GALEGA EN INGLÉS CON CINCO NOVOS ESCRITORES
§  Xabier P. DoCampo, Pedro Feijoo, Inma López Silva, Manuel Lourenzo González e María Reimóndez incorpóranse a este espazo en internet para a proxección exterior das letras galegas
§  O catálogo suma xa 20 autores e autoras da literatura galega actual, dos que se ofrece unha mostra das súas obras máis representativas traducidas ao inglés



GALICIA SITÚASE COMO A SEGUNDA COMUNIDADE QUE FAI MÁIS ESFORZO INVESTIDOR, SÓ POR DETRÁS DE BALEARES
§  A Xunta destinou entre xaneiro e outubro o 10,7% do seu gasto a investimentos
§  O esforzo investidor de Galicia case duplica a media autonómica
§  O Goberno galego elevou para este 2016 un 14% o orzamento para gastos de capital



A Consellería de Política Social participou a través da delegación española no Consello de Educación, Cultura, Xuventude e Deportes
GALICIA REMATA O SEMESTRE DE REPRESENTACIÓN AUTONÓMICA EN MATERIA DE XUVENTUDE NO CONSELLO DE MINISTROS DA UNIÓN EUROPEA
§   A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado elaborou a proposta de posición común autonómica sobre o papel da política de xuventude no ámbito migratorio.
§    Este tipo de participación ofrece a oportunidade de intercambiar experiencias con socios comunitarios e establecer unha rede de traballo a nivel europeo
§   Galicia cede a representación á Comunidade Autónoma de Madrid, que a asumirá durante o primeiro semestre do 2016


O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICARÁ NOS VINDEIROS DÍAS A SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NO REXISTRO COMUNITARIO DA IXP PAN GALEGO
  • Esta iniciativa redundará nunha maior protección, posta en valor e promoción deste produto de calidade

A XUNTA DESTINA 1,3 MILLÓNS DE EUROS PARA PROMOVER A INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NAS EMPRESAS GALEGAS
§  A convocatoria de axudas inclúe dous programas: o de integración laboral na empresa e o de emprego con apoio destinado a persoas que precisan dun apoio complementario para desenvolver o seu traballo
§  Os incentivos por cada contratación poden acadar un máximo duns 10.600 euros, en función da modalidade contractual e da persoa beneficiaria


A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN CONCEDE 69 AXUDAS A PERSOAS DESEMPREGADAS PARA CURSAR MÁSTERES OFICIAIS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA
§  O obxectivo é facilitar a recualificación e mellora das competencias profesionais destes cidadáns e, así, favorecer a súa incorporación ao mercado laboral



MEDIO RURAL DESTINA 3,5 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS LUMES EN MONTES VECIÑAIS E SOFOR
  • Establécense dúas liñas de subvencións, destinadas por un lado ao control selectivo de combustible e, por outro, á construción de puntos de auga
  • O prazo de presentación de solicitudes é de un mes