21/1/16

Sobre la demolición del campo de fútbol de Praceres : ENCE deja muy claro cual es su protagonismo que vuelve a tener bastante de generoso

Ence obrigada a demoler o campo dos Praceres, de que xa non é titular, tras a resolución do Expediente de Caducidade 

A empresa mostra a súa total disposición para participar no financiamento da mellora e ampliación de infraestruturas e instalacións de Lourizán. 

En relación á polémica xurdida coa demolición do campo de fútbol dos Praceres, Ence ten que sinalar que perdeu a titularidade do chan da devandita instalación deportiva logo das demandas da asociación Salvemos Pontevedra que motivaron a apertura do Expediente de Caducidade da concesión da fábrica da empresa en Lourizán e posterior resolución do pasado mes de xullo.

Vista de antaño : la actual depuradora y el campo de
fútbol al lado (Foto : Pesa)
Como consecuencia, e en cumprimento desta resolución, Ence viuse obrigada a demoler o campo de fútbol, para o que informou e realizou previamente as xestións oportunas co Servizo de Costas de Pontevedra. Unha vez concluída a demolición e adecuación do solar, a compañía procederá á súa devolución ao Estado, que é o propietario do mesmo.
Os terreos liberados servirán para ampliar a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Pontevedra, que linda co, ata agora, campo de fútbol, o que constitúe un primeiro paso para resolver o actual problema de depuración de augas da zona.
Cómpre lembrar que a Unión Europea ha condenado a España por incumprir a normativa en materia de calidade de augas residuais. Concretamente, a EDAR de Pontevedra non cumpre os estándares marcados por Europa, polo que é necesario ampliala.
Ence quere, doutra banda, destacar que antes de iniciar a demolición do campo dos Praceres, chegou a un acordo co Clube San Andrés de Lourizán e a súa división de veteranos para que poidan contar con novas instalacións deportivas para a práctica do fútbol.
A compañía desexa sinalar, así mesmo, que quere participar de forma importante no financiamento de novas instalacións, seguindo a súa política de responsabilidade empresarial e de compromiso coa calidade de vida dos veciños de Pontevedra e a súa comarca.