5/1/16

Tarde de día de Reyes pasadita por agua

No día de Reis Galicia queda baixo a influencia dun sistema de borrascas que se move polo Atlántico Norte cara ás Illas Británicas cunha fronte asociada que se íra achegando ao longo da xornada. Deste xeito o ceo estará moi anubrado con chuvias que comezarán durante a mañá na zona oeste e a partir do mediodía serán xeneralizadas e de intensidade moderada. A cota de neve situarase nas primeiras horas nos 1200 metros ascendendo rapidamente. As temperaturas ascenderán, sendo máis acusado este ascenso nos valores máximos. Os ventos soprarán do sudoeste moderados, acadando intensidade forte pola tarde, principalmente no litoral e zonas altas. (MeteoGalicia)